Novas

O sector pesqueiro considera «incumpribles» as medidas contra o coronavirus na frota

Aínda sen EPIs, os barcos pesqueiros en Galicia saen a faenar diariamente para garantir a subministración de peixe. Os traballadores continúan con problemas para mobilizarse debido ás restricións nas estradas e sen garantías de volver á casa compensados economicamente ante a caída dos prezos. O covid-19 arrasou co sector pesqueiro…

Así soporta a cidadanía de Ourense os caprichos e faltas de respecto de Jácome

Problemas na xestión de lixo da cidade, supresión dun programa para vítimas de violencia de xénero, privatización dos centros de educación especial, persecución a policías locais… As actuacións do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, o mesmo que presumía hai unha semana de viaxar a Madrid, a “zona cero” do…

Feijóo prevé convocar eleccións dous meses despois do estado de alarma

O presidente do Goberno galego explicou onte que a Xunta e as forzas políticas parlamentarias están a traballar nun decreto para suspender as eleccións autonómicas ante a emerxencia sanitaria do covid-19 e prognostica que se celebrarán despois do verán O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, compareceu o…

A Xunta anuncia en precampaña unha convocatoria de axudas aos medios de comunicación que repartirá dous millóns de euros

A Secretaría Xeral de Medios publicou a convocatoria a unha semana do comezo da campaña electoral. O obxectivo das axudas é a «normalización da lingua galega», pero os xornais favorecidos publican na súa maioría en castelán. La Voz de Galicia e Faro de Vigo son os diarios que máis perciben.…

As loitas sociais que naceron en contra das políticas de Feijóo

A menos dun mes das eleccións autonómicas galegas, contabilízanse cantidade de protestas multitudinarias durante os últimos 11 anos do goberno do PP. Destacan a defensa da sanidade pública en contra das privatizacións da Xunta, a loita por unha televisión libre, o idioma e o rural.   En 2009 Alberto Núñez…

A morte dun paciente agardando unha ambulancia pon o foco sobre as carencias da sanidade pública galega

A noite do luns faleceu un home de 74 anos en Pontevedra mentres que agardaba por unha ambulancia. Como no seu centro non había ningunha, emerxencias mobilizou a unha dispoñible a 40 quilómetros. O equipo médico chegou 36 minutos máis tarde da chamada. A noite do pasado luns faleceu un…

O servizo de axuda aos fogares: un traballo feminizado e precario

Algúns concellos de Galicia optaron pola privatización do servizo de axuda aos fogares. En Chantada (Lugo) co goberno do PP, aprobaron a externalización e as súas coidadoras maniféstanse día tras día. Recoñecen que ao ser unha decisión política «non houbo forma loitar contra iso». O 28 de outubro, o concello…

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail