Novas

A Xunta gasta 1,1 millóns en peonalizar o tramo de estrada onde viven os Baltar

A Consellería de Infraestruturas construirá e acondicionará sendas peonís na vía na que viven o presidente da Deputación de Ourense, o seu proxenitor, a súa cuñada e a familia da súa esposa Ler máis

Sesenta colectivos sociais maniféstanse este domingo en defensa dos dereitos nacionais de Galicia

Vía Galega pretende crear máis conciencia nacional e reforzar a autoestima común dos galegos como país no 176 aniversario da revolución de abril e a creación da Xunta Superior do Reino de Galicia Ler máis

La Piniella, a casona asturiana que os Franco tampouco dan vendido

A familia rebaixa a 1,9 millóns de euros o prezo que pide pola luxosa vivenda na que o ditador e a súa muller pasaron a súa noite de vodas hai case cen anos Ler máis

A Xunta paga 83 euros ao home que ten que facer 1.400 quilómetros para curarse un tendón roto nun dedo

O Sergas derivouno a un hospital privado do grupo Ribera Salud en Vigo, a 180 quilómetros do seu domicilio e a onde terá que acudir varias veces para que o operen Ler máis

Rueda tenta rebentar outra folga na CRTVG impoñendo servizos mínimos abusivos

O sucesor do presidente do PP asina a orde da Xunta que obriga a cubrir a 112 postos de traballo nas xornadas de paro para poder emitir todos os informativos do día, a pesar de que acumula varias sentenzas condenatorias por violar o dereito a folga nos medios públicos Ler…

Feijóo fai coincidir o congreso do PP galego co de Madrid para restar protagonismo a Ayuso

A directiva do PP de Galicia decide celebrar o conclave para nomear como novo líder a Alfonso Rueda nas datas de maio que solapan o congreso do partido na comunidade de Madrid Ler máis

Dous mozos denuncian unha agresión homófoba en Vigo tras bicarse nunha céntrica praza da cidade

A un deles fracturáronlle o tabique nasal e ao outro rompéronlle unha moa e mancáronlle un cóbado na madrugada do domingo na praza de Portugal Ler máis

A oposición denuncia a parálise do Goberno galego pola indecisión de Feijóo para arranxar a súa sucesión

Pontón e González Formoso alertan da inacción do Executivo autonómico e advirten que Feijóo sigue cobrando un soldo como presidente de Galicia mentres se dedica plenamente a instalarse no seu novo cargo á fronte do PP Ler máis

Os dous menores acusados pola morte de Samuel Luiz, condenados a tres anos e medio de condena

A Coruña.- Os dous mozos menores de idade acusados pola morte de Samuel Luiz na madrugada do pasado 3 de xullo na Coruña só cumprirán tres anos e medio de condena. Segundo informaron fontes da Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a acusación pública chegou a un acordo…

Fernando Barcia, o mestre republicano que Franco fusilou tras salvar a vida de dous golpistas

A Coruña.- Fernando Barcia Veiras era socialista e presidente do Comité Executivo de Defensa da República cando o golpe de estado de Franco triunfou en Galicia. Alí apenas houbo guerra porque os fascistas se fixeron co poder en poucas semanas, pero si unha onda de represión con preto de 4.000…

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail