Novas
O PP e a tránsfuga socialista aceleran a moción de censura para arrebatarlle a Alcaldía de Lugo ao PSOE
María Reigosa asegura que non optará á praza de Xefa de Servizo na Xunta que, segundo a oposición, o Goberno de Rueda creou para ela e anunciou o mesmo día en que acordaron a operación.
Rueda acelera a súa estratexia para arrebatar poder local ao PSOE pactando cunha tránsfuga en Lugo
Os socialistas e o BNG denuncian que a Administración autonómica sacou este martes unha convocatoria dunha praza de funcionaria cuxo perfil «coincide co currículo» da concelleira.
Falece en Santiago aos 95 anos o economista e exvicepresidente da Xunta Carlos Mella
A Coruña.- O economista, político e escritor Carlos Mella, que foi vicepresidente económico da Xunta entre 1983 e 1984, faleceu este martes no hospital de Santiago no que estaba ingresado desde hai uns días. Mella, unha das figuras intelectuais máis relevantes do último medio século en Galicia e quen ocupou…
Gonzalo Pérez Jácome, o histriónico alcalde populista de Ourense ao que Feijóo upou ao poder, xógase outra bala nos tribunais
O rexedor, que podería enfrontarse a unha pena de até 15 anos de inhabilitación, non deixou de medrar electoralmente desde que o PP lle facilitou a Alcaldía malia a acumulación de escándalos xudiciais.
A Xunta segue sen executar o fallo que a condenou por permitir que as macrogranxas envelenaran a Baixa Limia
Os veciños do encoro das Cunchas, en Ourense, denuncian que o Executivo de Rueda e o Ministerio de Transición Ecolóxica seguen tolerando as verteduras de nitratos que intoxican as súas augas.
O PP galego en Bruxelas: «Hai cousas polas que merece a pena loitar: o polbo á feira»
O eurodeputado que protestou por un prato «fake» servido na cantina da Eurocámara organiza unha degustación de polbo á galega para subliñar a relevancia do produto e do sector pesqueiro.
Francis vai de pesca: a operación da ditadura para que o neto de Franco usase os aparellos do «Azor» nun concurso
No verán de 1974, a Casa Civil do Xefe do Estado enviou desde Sada a Castellón, por valixa e baixo supervisión militar, os apeiros para atúns do seu iate para que Francis Franco participase na proba.
A Xunta planea unha lei que lle permitirá forzar a fusión de municipios sen consultar os veciños
A reforma da Administración local do Goberno de Alfonso Rueda obvia as parroquias e as comarcas, ás que a norma anterior, de Manuel Fraga, atribuía o «sinal de identidade» de Galicia.
Franco pagaba con diñeiro público os seus medicamentos, as medias da súa muller e ata os apósitos dos netos en Meirás
A Casa Civil do Xefe do Estado aboaba tamén os gastos de tinturaría e papelería e en obxectos persoais da súa muller, e adiantaba diñeiro para os billetes de avión do seu neto maior.
O último verán de Franco en Meirás: mañás de golf e tardes no «Azor» con Juan Carlos e Sofía
O diario do xefe da Casa Civil do ditador e os rexistros do pazo recollen que o exrei visitou o tirano varias veces no verán do 75 en compañía da súa esposa, os seus fillos e o seu instrutor, Alfonso Armada.












