Mira unha cousiña

«Vista unha, vistas todas»

Coma case toda a cativada, a min tamén me gustaba de pequena que meus pais me contaran cousas sobre a súa infancia. Especialmente miña nai, que tivo uns primeiros anos de vida moi diferentes aos meus xa que a súa realidade, ancorada nunha aldea de Monterrei nos anos 60, non…

Os poetas da guerra

Nos premios NME do ano 2004, The Libertines gañaron o premio á mellor banda británica do ano. Ao subiren ao escenario, os seus cantantes comezaron o discurso de agradecemento recitando o poema do británico Siegfried Sassoon «Suicide in the trenches» (Suicidio nas trincheiras, 1918). Carl Bârat e Pete Doherty recitaron…

«Billete de 500, sobrevoemos a cidade esta noite na túa púrpura á delta»

A vida habítase dun xeito ou doutro dependendo do que ofreza o espazo no que transcorre. O lugar no que deamos en caer, a súa distribución, o que o enche, determinan, en maior ou menor medida, as rutinas e hábitos que desenvolvemos. Este lugar non ten por que ser, porén,…

Non sabemos como ver o baleiro

O que entra na cabeza sen chamar cando queres ter a mente en branco pode que non sexa o máis importante porque ás veces non xerarquizamos as nosas prioridades da mellor maneira, mais algunha razón hai para que entren. No meu caso, faino a miúdo aquel chío de Mike Ginn…

Nove trazos dos veráns pasados

Agora que a miña condición de asalariada pública inunda a miña identidade e fai imposible que nin a máis mínima parte do meu ser sexa algo distinto a unha funcionaria, estou nun punto desde o que podo ver coa perspectiva suficiente os cinco veráns que pasei de intérprete no campo…

As tremendas fronteiras do seu novo país*

Anos despois de ter rematado a súa emisión, sigo fascinada polo produto televisivo que foi Here comes Honey Boo Boo (2012-2014), o reality show da deostada cadea TLC que nos mostraba o día a día da familia de Alana Honey Boo Boo Thompson na cidade de McIntyre (Georgia). Non foi o…

Non somos tokens, espero

Aínda que a palabra token, un anglicismo que viría traducirse ao galego como «ficha» se a consideramos un nome e «simbólico» ou «testemuñal» se a tratamos como adxectivo, se emprega con bastante frecuencia no mundo das criptomoedas, dos bitcoins e da xente que considera que non estar intentando gañar cartos…

O complexo de sherpa

Todas as noites, antes de me deitar, deixo preparado o que vou carretar durante a miña xornada laboral para evitar ter que facelo á maña seguinte, co sentido aínda na cama, e arriscarme a esquecer algo. Sempre teño o mesmo problema: levo máis cousas das que preciso. Teño medo de…

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail