Mara Mahía

O país dos rombos

O Rei é da época das películas dos dous rombos. O goberno de Ayuso-Almeida en Madrid tamén. Parece que a imbecilidade daquela época está en auxe. O goberno de entón empregaba o seu paternalismo conservador en tratarnos como nenos idiotas. Cando na tele da España franquista e da transición poñían…

A miña desfranquización

Levo practicamente toda a vida desfranquizándome. A miña primeira alerxia ao fascismo causáronma os calcetíns de perlé. Non teño idea de a quen se lle ocorreu a idea de facer medias de gancho con fío de algodón. Un fío que previamente foi tratado con sosa cáustica para que brille. Obrigar…

De proclamas e latrinas

Nada como dobrarse a limpar o retrete para que te cegue a realidade. Limpar as excrecións propias debería ser unha actividade obrigada de todos os cidadáns. Nos colexios, desde pequeniños, antes de aprender a rezar ou de entender que os nosos dereitos repousan nun documento chamado Constitución; ou que tamén…

Reisísimos

Coñecín unha vez unha Grande de España que me dixo que o Rei, o actual, non o seu pai, era un tipo simpático. Explicoume que se trataban desde que eran nenos e que aínda que por lei tiña que falarlle en terceira persoa: Apetécenlle á súa maxestade unha birra e…

Pedras

Hai xente que recolle flores, a min gústame recoller pedras. No meu pobo había unha señora que as coleccionaba. Todos os días saía a buscalas como outros saen a pillar cogomelos. Cando era unha nena, un día espieina mentres ela agarraba un croio sopesándoo igual que se fose un melón.…

Caca, cu, peido, pis

Hoxe escribo cousas obvias, porque ás veces hai que rezar ata que se cumpra. Hoxe quero conxugar a Rubén, porque el somos todos: Rubén son eu, es ti, é el, ela, nós, vós, vostedes e ata eles. Eles, os infelices metomentodos que hai uns días lle pegaron unha malleira ao…

Amar en futuro

Desde que Ruliña voou dóeme o baleiro da súa ausencia. O deshabitado non debería causar dano. Con todo, ese espazo desocupado é o que máis nos doe. A falta do outro ou da outra desbarátanos. Creo que sinto un oco máis penoso, que o que me deixou romper coa miña…

A fogueira dos privilexios

En 1997 crin que Nova York ía arder en disturbios. Fai 23 anos catro policías brancos déronlle unha malleira e violaron a Abner Louima nunha comisaria de Brooklyn. Torturárono tanto que lle danaron o colon, tivo que ser intervido cirurxicamente tres veces e botar dous meses na cama. Louima é…

Ruliña mais eu

Namorei dunha ave preeira. Cando escribo isto, fai trece días que vivo cun corvo cinsento. Son os córvidos máis comúns en Berlín. Atrevidos e berróns como os berlineses. Cando a trouxemos a casa era unha cativa. Deille para comer cunhas vellas pinzas de depilar. Comida de can. Creo que a…

Protestóns

Cando era unha nena fun parte do movemento anti-vacina. Cada vez que o ancián doutor Gerardo chegaba a casa, eu protestaba escondida detrás da porta da cociña, entre chourizos e mandís. Despois de buscarme durante cinco segundos, sacábanme do meu escondedoiro chorando desesperadamente. O culpable daquel drama, o doutor Gerardo,…

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail