Mara Mahía

Hillary Iglesias

A Hillary comezaron a odiala antes de que os Estados Unidos asinasen a Declaración de Independencia. Hillary Rodhamfoi odiada antes de que se descubrise o ouro en California, antes de que afirmara ser feminista e moito antes de que declarara que gardaba o seu nome de solteira. Hillary R. Clinton…

Ser muller

Cando morreu meu pai, miña nai comezou a contarme cousas. Detalles da súa vida que nunca mencionara ou que se o tiña feito eu non recordaba. Nunha ocasión camiñando preto da colexiata de Santa María, sinalou unha planta baixa e díxome que vivira nesa casa de pedra ata os cinco…

Ladróns e compañía

Cando Hitler invadiu Polonia en 1939, deu o primeiro paso para facer moitas atrocidades. Ademais dos horribles crimes cometidos no país báltico, supoñamos que alí o caudillo alemán tamén investiu cartos en infraestruturas. Mellorou as estradas que transportaban a xente aos campos de concentración, construíu cámaras de gas, fornos, mellorou…

A nena Leonor

A nena Leonor é unha personaxe da miña novela, Secretos. Non vou facer autobombo falando desa rapaza en particular porque ademais, desde a primeira frase do libro, sábese que a pobre non ten futuro; máis ben quero reflexionar sobre a nena real. Mentres que para min a nena Leonor é…

Insomnio

Desde hai meses Berlín parece conxelada no tempo. Imos moi amodo, case todo está pechado e a vibrante vida social e nocturna berlinesa, evaporouse. Ata beber alcol na rúa (unha tradición clásica destas terras) foi temporalmente prohibido. Obviamente, o do Übermensch era unha palla mental nietzschiana. Finalmente, tocounos a quenda…

Paradoxos

Houbo un tempo no que non tivemos medo ás palabras. Cando chamamos ás cousas polos seus nomes, o mundo era máis sincero e menos traizoeiro. Non obstante, durante anos, aínda que sabemos que as palabras teñen un peso inconmensurable, optamos por non usalas correctamente. Sempre conseguimos o peor do estilo…

Os Magos inconformistas

Os reis magos sempre me trouxeron os agasallos equivocados. Non porque quixera agasallos caros e extraordinarios, senón porque odiaba as bonecas. Todas as mañás do 6 de xaneiro quedaba brutalmente decepcionada. Sobre todo porque dos catro irmáns e tres curmáns, fun a única coa que nunca acertaban. Os primeiros anos…

«Reyezuelos»

Había unha vez un rei vello… Había unha vez un rei e unha raíña…. Había unha vez o fillo dun rei… (Es war einmail ein alter König… Es war einmal ein König und eine Königin… Es war einmal ein Königssohn…). Moitos relatos dos Irmáns Grimm comezan así, narrando historias onde…

Lingua materna

Eu vivo do bilingüismo. Hai máis de 20 anos que escribo, traduzo e reviso libros de texto de educación bilingüe para escolas públicas dos Estados Unidos. Grazas a que a educación pública é responsabilidade dos estados e non do Goberno federal, en numerosas «rexións» dese país, o castelán forma parte…

Attention, please

A linguaxe dos derrotistas é tan agotadora como o optimismo suicida. Estou cansada de escoitar e ler aos marisabidillos de quenda, desmontándome a alegría coma se estivese feita de pezas de Lego. Permítanme estar contenta non porque nas eleccións presidenciais dos EUA se elixira de novo neoliberalismo, senón porque se…

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail