Mara Mahía
Os restos da guerra
Berlín está cheo de bombas sen estoupar. O mesmo día que Rusia comezaba a infame e criminal invasión de Ucraína, nesta cidade recuperábase un souvenir que se lanzou hai máis de 70 anos. Hai uns días atoparon unha bomba da Segunda Guerra Mundial a menos dun quilómetro da miña casa,…
A mirada masculina
Ás veces, para poder ver, hai que mirar dende lonxe. En 1975, mentres en España o diaño non acababa de morrer, en Inglaterra, a teórica feminista Laura Mulvey publicaba Visual Pleasure and Narrative Cinema e a teoría sobre male gaze (a mirada masculina). Cando lin a Mulvey, por fin entendín…
«MAUS» e a educación fascista
O fascismo sempre empeza queimando libros. A última faena dos gurús da ignorancia é prohibir ensinar o que pasou no Holocausto. O Board of Education de McMinn (o nome non é invento meu), un condado de Tennessee, votou hai uns días prohibir a magnífica novela gráfica MAUS, do artista é…
Corazón de porco
Mentres a prensa ibérica anda no ruxerruxe queimando bruxas, sementando xenreira ou despedindo narcotraficantes con salvas de boubas, xa hai tempo que o mundo pasou a Odisea espacial de Kubrick. Neste país insólito onde a maioría dos medios de comunicación traballan de faladoiros e gabinetes de prensa e o presidente…
Unha nova ollada
Non mires para arriba. Non mires para abaixo. Non mires para a esquerda. Pero sobre todo non mires para dereita. Se podes mira para o centro que levas dentro, ainda que como xa dixo a miña adorada Joan Didion, falando dese poeta cuxo nome agora mesmo fúxeme da testa, o…
Raíña por un día
Hai case trinta anos que non vexo TVE. Deixar de ver calquera canle de televisión foi unha das decisións máis sinxelas e sas da miña vida. Cando eramos pícaros sentabámonos fronte á tele coma se aquel aparello fose unha fogueira sagrada, ao redor do que iamos descubrir historias lendarias. Entón,…
Cousa de bruxas
Teño a sensación de vivir entre tebras e perder contacto co mundo real. Debido ao COVID e ao meu traballo, que implica comunicarme virtualmente só con xente que vive alén do Atlántico, empezo a dubidar se as noticias sobre as mesquindades da dereita españazi serán verdade. Se de morta aínda…
Franco, a miña nai e eu
A silueta da miña nai ten un esbozo fascistoide. Hai moitos anos sentada nun cuarto insípido, disfrazado de habitación acolledora, nun apartamento do West Village neoiorquino, dicíalle á miña psiquiatra que, co tempo e a distancia, descubrira que a miña nai era a sombra do Generalísimo Franco. Cando lle soltaba…
A muralla de Lugo
Se fose un fulano deses que ultimamente están a perder os papeis –porque son incapaces de controlar a súa misoxinia, transfobia ou homofobia–, hai décadas que o tería fendido na cara cunha copa de viño, a un señorito que unha vez me lanzou unha cabicha acesa no escote cando lle…
A apatía coruñesa
Escribe Sonia Vizoso en El País que os dous cidadáns senegaleses que defenderon a Samuel Luiz cando o mataban a golpes na Coruña, «foron as dúas únicas persoas dos moitas presentes na zona que saíron en defensa do novo». Ibrahima e Magatte aínda non son coruñeses, pero pronto a cidade…












