Mara Mahía

A miña heroe-heroína

Os heroes dos contos eran sempre homes que rescataban princesas ou salvaban un reino. Un despropósito o da educación patriarcal. Investín moito tempo en convencer a miña nai e algún irmán de que as mulleres estaban feitas do mesmo calibre que calquera Superman.

UnitedHell

As balas que mataron a Brian Thompson, CEO da aseguradora de saúde UnitedHealth, levaban escritas as palabras Delay, Deny e Depose (demorar, rexeitar e depoñer). Esas empresas matan moitísima xente ao non ofrecer tratamentos que non lle saen a conta, pero a policía non move un dedo.

Os ignorantes

Teño 56 anos e dáme vergoña dicir que falo o inglés mellor ca o galego. Ese desequilibrio non me fixo máis feliz, senón máis ignorante. Levo os últimos anos aprendendo e intentando escribir nunha lingua que me roubaron.

Bananas

Venderon un plátano por 6 millóns. Supérame o absurdo deste mundo. En Mazón non podo nin pensar e, desde as eleccións nos Estados Unidos, Israel dáme máis medo ca nunca. Hai tamén quen «vai bananas» porque non entende o que está a facer Cristina Fallarás.

Leila Guerriero ou unha lección de xornalismo

O conto non é só o sen sentido das torturas e a brutalidade dos militares. É tamén a historia do pensamento tendencioso da esquerda montonera. É a historia dunha muller que viviu nun mundo violento e patriarcal dende moi cedo e que logo, no exilio, a fixo sentir coma unha…

Acoso versus pedofilia

Grazas a algo moi parecido a un linchamento, todo o país coñece o caso de acoso e as prácticas sexuais de Errejón, pero quen sabe os nomes dos empresarios pederastas de Murcia culpables de violación de menores?

O sentido común

No xuízo dos asasinos de Samuel Luiz hai moitas cousas que non teñen sentido. Paradoxalmente, é probable que fora o sentido común o que conxelou as testemuñas, sen chamar a policía. O quid dun sentido común san é que estea gobernado por uns principios de vida xustos.

Matar o home do tempo

Nas escolas de Florida está prohibido falar de «climate change» e «global warming». Dende o Milton, os meteorólogos están no punto de mira dos rifles e da chaladura negacionista dos republicanos. Media ducia deles recibiron ameazas de morte.

Un respiro

Pregúntome que fixen eu para ter o privilexio de vivir onde vivo, libre de bombas, e poder ser quen me veña en gana. Os sionistas xogan coas cartas do Holocausto dunha forma inmoral, e os alemáns, que nunca deixaron de sentirse culpables, déronlles a baralla enteira.

Raíña queer chingona

Cos anos fun descubrindo quen son: unha muller queer, de talle XS en moitas marcas, sen marido nin fillos, e chegando aos 60 anos. Tal cousa non encaixa no algoritmo familiar heterosocial, pero hai xa tempo que lle engadín ao termo queer a acepción de queen.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail