Mara Mahía
A fogueira dos privilexios
En 1997 crin que Nova York ía arder en disturbios. Fai 23 anos catro policías brancos déronlle unha malleira e violaron a Abner Louima nunha comisaria de Brooklyn. Torturárono tanto que lle danaron o colon, tivo que ser intervido cirurxicamente tres veces e botar dous meses na cama. Louima é…
Ruliña mais eu
Namorei dunha ave preeira. Cando escribo isto, fai trece días que vivo cun corvo cinsento. Son os córvidos máis comúns en Berlín. Atrevidos e berróns como os berlineses. Cando a trouxemos a casa era unha cativa. Deille para comer cunhas vellas pinzas de depilar. Comida de can. Creo que a…
Protestóns
Cando era unha nena fun parte do movemento anti-vacina. Cada vez que o ancián doutor Gerardo chegaba a casa, eu protestaba escondida detrás da porta da cociña, entre chourizos e mandís. Despois de buscarme durante cinco segundos, sacábanme do meu escondedoiro chorando desesperadamente. O culpable daquel drama, o doutor Gerardo,…
O que non sabemos
Con tanto morto, acórdame moito meu pai. Intento albiscar como tomaría el esta pandemia surrealista. Co que lle gustaba imaxinar situacións esaxeradas e de ciencia ficción, creo que dalgunha forma sabería gozar destes momentos. Véxoo na casa, sentado fronte ao televisor, levando as mans á cabeza: «pero mira que son…
Cando eramos amores
«Éramos amores». Nun español tan bonito, faloume unha vez un ancián alemán. O home, pai dunha exnovia de cuxo nome non quero acordarme, explicábame emocionado o enamoramento esaxerado que, na súa adolescencia, tivera coa súa esposa. Os dous mozos naceran en Leipzig ao final da Guerra e alí, no Leste,…
O pan dos mortos
Mírome no espello. Estame saíndo o bigote do meu pai. Hoxe pésanme os ombreiros. Ando encurvada, coma se cargase o signo da eñe nas costas. Normalmente, a solución a este peso é nadar. Facer longos, 1, 5, 16, 34 e 42, ata que as bágoas e o ditoso copete da…
O sol de Hamelín
Cara ao sol non se pode distinguir o inimigo. Por iso, o mal tempo alégrame. Se chove sorrío. Onte nevou un intre e estiven de bo humor. Pero este sol de hoxe inquiétame, dáme medo. Desde hai unhas semanas, desconfío do bo tempo. Lin nalgún lugar que os crimes máis…
Hitler e o papel hixiénico
A culpa de todo téñena os alemáns. Esa parece ser a opinión maioritaria de certa comunidade de españois que reside en Berlín. «Este país soso e desabrío», como veño lendo ultimamente que se refiren a Alemaña nunha rede social. É a válvula de escape dun pequeno grupo de pseudoemigrantes snobs…
Odio, que odio?
Ás veces non entendo nada. Desde fai unha década, escoito Deutschlandfunk cada mañá. É a radio chula de Alemaña, a que aínda pon jazz e na que falan Hochdeutsch (alemán estándar). Ás veces doume conta que entendo moito. Hai anos só descifraba o informe de tráfico: Postdam 10 Km stau,…











