Manuel Rivas

O meu discurso «bolivariano»

Nun dos territorio da infancia, polas Mariñas coruñesas, o que convocaba a nosa atención era a fábrica da Coca-Cola, a insólita nave transparente que deseñou Albalat. Estaba ao pé do monte da Zapateira, un espazo en gran parte salvaxe, aínda non achantado polo Club de Golf e os seus handicaps.…

O grave escándalo europeo da «pesca eléctrica»

O día 16 deste mes de xaneiro pode producirse unha «descarga» terrorífica para a vida nos mares, un paso que multiplique a destrución e que faga imposíbel unha política de pesca sostíbel en Europa e, a continuación, nos mares do mundo. Isto non é un conto de medo. É un…

As «portas xiratorias» non existen

Unha cousa que se adoita criticar nos políticos é o cinismo e a hipocrisía. A falta de sinceridade. O non dicir a verdade, sobre todo cando ocupan postos de poder, pois xa se sabe que o poder móvese mellor nunha atmosfera de ocultación e segredo. Pero sempre hai unha excepción.…

O neno desaparecido

Van dous xudeus por diante do Vaticano e un dille ao outro: «E pensar que todo iso comezou nun alpendre de Belén!». Hai outra brincadeira da que gusto moito. Un hebreo vai falar cun sacerdote católico e explícalle que o seu fillo quere facerse tamén católico e meterse no Seminario.…

Os estadistas e o acomodador de Allariz

Hai frases felices na literatura que, coa medida dun aforismo, teñen a dimensión dun tratado histórico. Unha delas, na literatura galega, é a que di un personaxe chamado Vicentiño nun relato d’O acomodador e outras narracións, de Marcial Suárez: -Non hai pobo no mundo que teña máis igrexas por católico…

O rabo do can do presidente

Eu non sei se Feijóo ten ou non can, mais a súa táctica política é exhibir o rabo do can como Alcibíades. Ese gobernante grego, cada vez que tiña que enfrontarse a un dos moitos problemas que creaba a súa mala xestión, o que facía era cortarlle o rabo ao…

O réxime totalitario do eucalipto

Eu cando vexo un eucalipto solitario abrázome a el. A pel lisa, mate e brillante a un tempo, ese optimismo de árbore atlética, sempre en forma, ese recendo farmacéutico! Quen non vai querer un eucalipto, mesmo namorarse del? Calquera día saio nun tuit ou no Facebook abrazado a un eucalipto…

Ruralízate ti!

O obxectivo das campañas publicitarias é a sedución. O engaiolar a quen mira ou escoita. Apreixar a xente polos sentidos. Mais hai unha excepción. A campaña «Ruralízate», impulsada pola Xunta de Galicia. O mellor búmerang. A intención semella ser a de provocar unha grande escapada. A quen aínda fique no…

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail