Manuel Rivas

A noticia máis simpática de España

Ocorreu o 22 de agosto de 1954. Ese día de verán, coa corte franquista instalada no pazo de Meirás, o xornal La Voz de Galicia apareceu cunha insólita información. Consistía nunha ducia de retratos da mesma e inconfundíbel persoa e co seguinte pé de páxina: «El alcalde de La Coruña,…

As mulleres que gañaron o Mundial

Escribo este Episodio xusto o día que comeza o Mundial 2018. Voume perder o primeiro partido, mais non ando doído. Estou desexando que chegue o Mundial de Fútbol de 2019. O das mulleres. Será en Francia. A oitava edición, dende que se xogou por vez primeira en China en 1991.…

Os erros equivocados

Na Costa da Morte dise dunha tarefa ardua, que esixe moito esforzo e habilidade: «A cousa, ademais de difícil, é complicada». Hai tamén unha variante, cando o asunto se revira por un desacerto no xeito de afrontalo: «Ademais dun erro, foi unha equivocación». E logo temos ao marabilloso Erik Satie:…

O parque temático do abismo

Desenvolvendo a idea de Baudrillard sobre o «grado xerox de cultura», o crítico Fernando Castro fala da perversión do sentido na arte: «As formas de referencia teñen unha calidade abismal, como se o único terreo que coñeceramos fose o do lamazal». Ese é o escenario electoral no que case todo…

Galicia, Feijóo e a «lóxica do caracol»

Na última década, dende o 2008, a publicación de libros en galego caeu máis da metade. En concreto, un 53%. A información non procede da Asociación Nacional de Servizos Funerarios, senón do Instituto Nacional de Estatística. Hai dez anos, saíron do prelo 2.070 obras. No último ano, 972. A redución…

O silencio de Feijóo, unha cousa seria

Maurizio Ferraris publicou hai un par de anos un libro que xa acadou a condición de clásico na materia: L’imbecillità è una cosa seria. Un dos capítulos trata da imbecilidade como factor político. Pensei neste título o pasado xoves, cando vin a reacción do presidente da Xunta ante unha pregunta…

Por que perdeu o humor Barreiro?

Perdas hai moitas, mais unha das maiores perdas no xornalismo galego dos últimos tempos é a perda de humor de Xosé Luís Barreiro Rivas. Con humor ou sen el, e dende que pasou da política activa a profesor e analista, eu non me perdo ningún dos seus comentarios en La…

A noite en que Abel electrocutou a Paco

Populismos hai moitos. Como di Enzo Traverso, o termo é como a cuncha baleira dun molusco onde podes meter diferentes bichos. Mais se falamos, nunha primeira diferenza, de populismos de dereita ou de esquerda, estou de acordo en que non é o mesmo espallar u odio contra os inmigrantes que…

O Goberno da Infelicidade

Nunha enquisa recente concluíase que a xente máis infeliz da península ibérica era a galega. Saber se a xente está feliz ou infeliz semella unha cuestión crucial de Goberno. Despois de coñecerse a enquisa, a Xunta debería ter convocado un gabinete de urxencia. E Nuñez Feijoo debería comparecer logo na…

A malleira incesante

Preguntar preguntábase Ramón Suárez Picallo (Azaña cando o oíu no Congreso: «Quen é ese galego que fala tan ben?») se podería haber República sen medios de comunicación republicanos. Facíao nun revista, o semanario Ser, que debería figurar na historia de honra do xornalismo galego e ser estudado na facultades deste…

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail