Malva

Os meus cumes de Windermere

Na súa canción «The Lakes», Taylor Swift canta: «Eses cumes de Windermere parecen o sitio perfecto para chorar». Os meus cumes de Windermere son os torrentes do Mácara.

Mamá

Mamá non me di que me quere antes de colgar. Mamá non me dá bicos, mamá non me dá apertas. Mamá non chora nos meus aniversarios. Non entende por que debería facerse amiga das mamás das miñas amigas.

A eterna teima das guerras xeracionais

O outro día vin un tuit no que se podía ver unha foto dun balón de fútbol e un bocadillo de chocolate, coa frase «La vida era esto…». Un número importante de persoas falaban sobre como xa non había veráns deses e como a mocidade de hoxe só coñece pantallas.…

Sobre querer morrer

Nunca pensei que ía chegar aos 25. E é que non é o mesmo querer morrer que querer deixar de querer morrer. A min moverme dun estado ao outro levoume sete anos de confinamento na miña propia cabeza, convencida de que existir así era normal. Pensaba que cando a xente…

Guía Zillennial Para Saír do Armario

No 2018 saíu a película Love, Simon, baseada no libro do 2015 Simon vs. The Homo Sapiens Agenda. Eu lin o libro no 2016, con 19 anos recén cumpridos e acabada de saír do armario, ese armario metafórico no que estamos as persoas que non somos heterosexuais ou cisxénero ata…

Sobre querer a un poeta

Mandáchesme unha mensaxe despois de catro anos de silencio de radio e recordos esbrancuxados.  Supoño que, ás veces, a cidade que nunca durme tamén quita o sono.  E é gracioso, porque  non estou segura de se recordo o timbre da túa voz,  ou o tacto da túa pel baixo a…

A auga que se move

No seu single do 2020 California, Chappell Roan canta: «Vén sacarme de California / Non hai follas marróns / Boto de menos as estacións en Missouri / A miña vila moribunda».  Os Países Baixos é unha terra excepcionalmente chá. As miñas amigas e mais eu faciamos moito a mesma broma…

Unha noite de martes calquera

«Es que si no nos vamos la voy a dejar en el suelo», di Alba, cambiando a súa bolsa dun ombro a outro. «Non, non, marchamos xa, va!», responde Fer. Alba veu do traballo case directa ás 10 da noite para cear na miña casa, porque ultimamente parece que nunca…

Drake, Pornhub, Lisa, a guitarrista loira e eu

«Non o podo crer», dime a miña amiga, levantando a pantalla do seu teléfono móbil á webcam do seu ordenador para ensinarme o seu contido. «É unha empidemia!». Na pantalla distingo un perfil de Tinder no que se ve unha parella; un home e unha muller. Non é o primeiro…

Desafortunadamente, non existimos nun baleiro

Na noite do 12 de xullo e 1979 en Chicago, Estados Unidos, o presentador de radio Steven Dahl prendeu uns explosivos que destruíron centos de vinilos de música disco fronte un público de aproximadamente 50.000 persoas na chamada «Disco demolition night». Isto provocou disturbios entre a xa alterada audiencia do…

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail