Madia leva
Vulnerábeis
Cualificar de «vulnerábel» quen é directamente pobre, ou se acha nunha situación de miseria ou, simplesmente, non ten traballo remunerado porque non o hai, ou foi despedida, ou está infrapagada ou debe combinar varias dedicacións laborais para sobreviver... é eufemismo inadmisíbel.
Cando se arrinca unha herba…
Francisco de Asís xa proclamara que, cando se arrinca unha herba, treme o universo todo. Lembrei isto ao ler unha moi sabia recomendación de Felipe Senén na que recomenda non nos apontarmos ao turismo «monográfico», senón tratar de coñecermos o país na súa integridade, na súa variedade xeográfica, arquitectónica, artística,…
Na memoria de Saleta Goi García
Saleta é a muller de Manuel María e ben podemos afirmar que el foi o que foi e fixo o que fixo grazas a ela, á súa presenza leal e agarimosa, ao seu apoio constante, á entrega incondicional a unha causa chamada Galiza, chamada povo galego.
Efectivamente
Pórlle prezo e salario a todos os indicadores socioeconómicos femininos esnaquizaría o sistema político actual, que non é outro que o capitalismo elefantiásico que precisa, para a súa propria subsistencia, da discriminación das mulleres para existir e medrar.