Luís Pardo

Depende do indulto

Non me pode gustar menos o do indulto. Como concepto, quero dicir. A nosa Academia non, pero a española –que ten máis experiencia con estas cousas– si que acerta ben co que significa: unha graza, é dicir, un favor especial por parte dunha institución. Hai institucións, como a Monarquía, que…

«Ditador, como vostedes lle chaman»

«El dictador!!». Así, coa súa habitual ortografía creativa, referíase en outubro pasado a deputada do PP Ana Vázquez Blanco (aka Ana de Bande) ao presidente do Goberno. Apenas uns días antes, a voceira do seu grupo, Cuca Gamarra xa lle dedicara ese mesmo epíteto. Por se alguén esqueceu esta personaxe,…

O exvoto electoral

Votarías por alguén que che garantise que non ías cruzarte de novo co teu (ou a túa) ex...? A pregunta é seria, porque a estas alturas xa saberedes que iso –o de non volver toparte coa túa antiga parella– é outra das características dese incomparable* madrileñian-way-of-life do que alardea Díaz…

As manchas do leopardo

A foto da semana no Parlamento de Galicia foi, sen dúbida, a das deputadas do PP lucindo animal print. Rebobinamos. Hai uns días, o presidente da Deputación de Lugo, o socialista José Tomé, criticou o «aspecto de leopardo» co que a súa compañeira Elena Candia encabezara unha manifestación ante a…

Yolanda, sen apelidos

Ter un galego (ou unha galega) na cúpula do Goberno debería ser algo obrigado por lei. Despois de aturar durante corenta anos un tipo de Ferrol que ninguén votou, a accidentada Presidencia de M. Rajoy era o mínimo que podiamos reclamar dende esta esquina noroeste. Xusto antes da chegada de…

8M(eirás)

O luns non haberá entrega das Medallas Pardo Bazán no Pazo de Meirás. Quen contaba! Cousas que pasan. O novo e lexítimo propietario, o Goberno, di que non está en condicións, que xusto isto os pilla con obras de acondicionamento, tanto no interior como nos xardíns, e que está todo…

O segundo espolio de Meirás

Foto de Xosé Castro. Non sei que me parece máis grave: que a Audiencia da Coruña considere que hai que pagarlles aos Franco os gastos de conservación do Pazo de Meirás dende 1975 ou que o Goberno máis progresista da historia estea de acordo con esa sentenza e non a…

Esterqueiras

«A min quédame claro que, por moitos millóns que lles legasen os seus avós, por moitas casas que lles deixasen en herdanza, por moitos apelidos compostos, vostedes son unha esterqueira moral». Así remataba Íñigo Errejón a súa intervención viral no Congreso dirixida á bancada de Vox (como cando Andrea Fabra…

O método galego para gañar as eleccións en Catalunya

Honorable vicepresident Pere Aragonès: Non teño o gusto de coñecelo –de feito, cando leo o seu nome, o que me vén é a cara do seu imitador en Polònia– e, por suposto, vostede non ten nin idea de quen son eu. Pero iso agora mesmo non importa. Pense, simplemente, que…

O artigo de onte que sae hoxe pero podería saír mañá

Debo admitir que esquecera que tiña que escribir esta columna. A ver se pensades que o de Son un pasmón é gratuíto. Na miña cabeza, isto tiña que facelo mañá. Venres. Pero o venres é o día que sae. Grazas, home, xusto acabo de decatarme (en realidade, decateime grazas a…

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail