GORILAS NO COUREL

Fuga de cerebros

Hoxe voume poñer un pouco gremial. Por idade, seica pertenzo a unha primeiriza xeración de galegos e galegas sen complexos. Tocoume. Fomos quen de conseguir un certo degrao de profesionalidade e, sobre todo, de continuidade na «cultura de expresión galega». Antes usábase máis este concepto e vouno reciclar. A vida…

A pensión de Ringo Starr

Non che foi moi comentado, pero Ringo Starr estivo na concentración dos pensionistas o 17 de marzo na Coruña. Alí, onda o Obelisco, como case única pancarta nesa concorrida cita transversal, campaba un optimista cartel coa imaxe de Ringo. O Beatle que naceu e exerceu de perdedor vai tocar na…

Xa non chove como chovía

Xa non chove como chovía. E non se fala diso. Agora mais que choiva ambiental, constante, melancólica... haiche, aquí en Suevia, chuvascos. Isto ponme moi nervioso. O mellor que me pasou na miña vida foi ser o autor accidental dunha canción co retrouso «Fai un sol de carallo». Era un…

Somos pouca xente e vella

De cando en vez aparecen informacións alarmantes sobre o declive demográfico de Galicia. Non teñen demasiada repercusión. O outro día lin que algunha alta instancia política quere promover un «observatorio» sobre o asunto. Deámonos por fodidos. Chega con que se cre unha comisión, un plano de choque ou un libro…

Plasma Social

Tocoume frecuentar os quirófanos estes últimos meses. Por dúas veces, para sandar unha fractura fixéronme infiltracións de plasma arriquecido. O que se chama plasma de crecemento. Debe ser algo especial, porque algúns seguros médicos non o inclúen nas súas prestacións de balde. Consiste en extraer o teu propio sangue e…

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail