Gacetilla parroquial
Un barco chamado Redacción
É o ser humano un animal social e o xornalista, por extensión, coido que tamén. Aínda que ás veces non o pareza. Nestes días de rabiosa actualidade informativa entre guerras mundiais, guerras en partidos, guerras nas concesións municipais da recollida do lixo, tráxicos naufraxios ao outro lado do mundo, calima…
Senegal, capital Riazor
Todo o mundo ten que saber que Senegal gañou a Copa África por primeira vez na súa historia. Despois ampliarei esta idea. Isto é importante porque na Coruña fálase castelán, galego e wolof, e non sempre nesta orde. Seguro que deixo sen nomear moitas outras linguas, dialectos e falares, pero…
Apoloxía da celebración
A vida está chea de momentos transcendentais que non transcenden en absoluto e de momentos calquera que cambian o curso dos acontecementos. Lembraba eu estes días, por sabe deus que remota conexión co presente, unha etapa un tanto estraña do meu pasado próximo no que compaxinei, durante un tempo, segundo…
Aprender a gañar (ft Ferenc Puskás)
É o húngaro un pobo de natural perdedor. Sabémolo nós e sábeno eles. A historia é incontestable: escolleron mal o bando na Primeira Guerra Mundial, e, non satisfeitos coa derrama e con deixar como peaxe polas malas decisións a meirande parte do seu territorio, repetiron aliñación desafortunada na Segunda. O…
Once upon a time na burbulla local
A Coruña, martes laborable, 21.00 horas. Penetras no portal ás présas coas chaves tremelicando para entrar na pechadura. Sobes as escaleiras de tres en tres. Abres a porta dun empurrón e case perdes o equilibrio ao entrar na casa, aferrada aínda ao pomo. Tes algo que anunciar. -IMOS TER CONEXIÓN…
A cultura do castigo, Kevin Strickland e Ramón de Pitis
«Lo peor de la cárcel no es perder la libertad, es perder los afectos». La casa de papel non é a mellor serie para tomar como modelo de conduta nin de pensamento, nin sequera como referente dunha boa interpretación, pero ás veces dá no cravo. Unha verdade certeira coma esa,…
26N polas que nos importan menos
O día Mundial da Eliminación da Violencia contra a Muller encheu onte de proclamas e berros de basta as redes sociais, as rúas e os manifestos dos colectivos e as institucións. Hoxe, 26N, que xa non é o día mundial de nada e empezamos a conta atrás dende 364 ata…
De profesión, rentista
Teño que atopar o xeito de vivir de rendas antes de facer os 35. Hai tempo adoitaba falar desta teima como unha brincadeira, pero cada vez vouno dicindo con menos ironía. A determinación é firme: o atranco, claro, está no como. Non teño a constancia para botar o Euromillóns todas…
Mamá, papá, quero ser xornalista
A ver, no meu caso non foi así exactamente. En realidade, foron eles os que me suplicaron que me matriculase en Xornalismo despois de que lles manifestase a miña intención de estudar a carreira de Filosofía. A outra opción era Ciencias Políticas. O que se di unha muller con futuro…