Gacetilla parroquial

Feo, facha, Ferrol

Convido a tomar asento a todos e todas as que premeron nesta ligazón pensando que ían atopar aquí algo diferente. A este sempre agradecido espazo viñemos hoxe falar de Ferrol, a máis deostada das urbes galegas.

A clase obreira vai a Benidorm

Chega o verán e chegan os pau «selfies», os sotaques europeos do norte e os «freetours» comandados por paraugas amarelos facendo súas as rúas das cidades e das nosas vilas. Chega o turismo masivo, e chega, case da man, tamén a turismofobia.

Loitar o pan, gozar do circo

De todos os latinismos pedantes que adoitan empregar os que buscan parecer mais listos ca min, a locución latina panem et circenses, pan e circo, é, sen dúbida, a que se me antolla máis insoportable. Un latinorio cuspido sempre dende arriba cara abaixo, e que, como a maioría dos improperios,…

Casares, Sellier, Flores

«¿Tú sabes por qué a mí se me entendió en todo el mundo? Por el acento» Se estas verbas non soan na súa cabeza cunha voz en particular, ben non dispón dun televisor, ben lle dá pouco uso. Unha Lola Flores de CGI crava o adaxio na pantalla no último…

De nazis, prorrusos e discursos hiperbólicos

Non son nin fun nunca muller de ambigüidades. Érgome decote cada día máis radical en certos aspectos, mais, tamén, cada día máis crítica  con discursos pechados e paquetes de medidas. As medias verdades están ben para os asuntos menores, pero cando se fala das cuestións máis transcendentes da actualidade, a…

Café para Yemen

E Yemen que? E Palestina que? Ninguén se lembra de Siria e Afganistán neste escenario de guerra europea?  Moito se menta, ultimamente (e cando non!) a palabra hipocrisía. Chegados a este punto, a unha xórdenlle certas dúbidas sobre en que contexto se impón dun xeito máis flagrante. Temos a hipocrisía…

Un barco chamado Redacción

É o ser humano un animal social e o xornalista, por extensión, coido que tamén. Aínda que ás veces non o pareza. Nestes días de rabiosa actualidade informativa entre guerras mundiais, guerras en partidos, guerras nas concesións municipais da recollida do lixo, tráxicos naufraxios ao outro lado do mundo, calima…

Senegal, capital Riazor

Todo o mundo ten que saber que Senegal gañou a Copa África por primeira vez na súa historia. Despois ampliarei esta idea. Isto é importante porque na Coruña fálase castelán, galego e wolof, e non sempre nesta orde. Seguro que deixo sen nomear moitas outras linguas, dialectos e falares, pero…

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail