FEMINISMOS

Salma

Os machistas violadores, asasinos e maltratadores son homes que pensan que a moza, ou a esposa, é da súa propiedade. Son reis ananos que levan o veleno do machismo dentro. E cando non son adorados, só saben matar.

Unha bispa e dous santos

Temos unha bispa nova na oficina! Cristina Moreira vén de ser designada pola Association of Roman Catholic Women Priest. E dos santos (de pedra), Abraham e Isaac, volverán a Santiago. Polo que se ve, a fe move montañas.

Os conselleiros, ai os conselleiros!

Non foi unha semana fina para a nosa clase dirixente. O conselleiro do Mar dimite (entre aplausos!) ao ser investigado por agresión sexual. E o de Educación, compara a neutralidade en asuntos como Gaza ou Ucraína, poñendo como exemplo as patacas.

Estados Unidos ou Gilead?

Adriana Smith leva tres meses en morte cerebral. En Georgia (EE.UU.), o feto de oito semanas que se atopaba no seu útero considérase unha persoa e, polo tanto, merece as proteccións legais que se lle conceden aos bebés xa nados. A familia, que non foi consultada no proceso, continúa loitando…

Eu sei por que cantamos

Non entendo que, no canto de deitar a ollada sobre por que as mulleres non denunciamos, o fagamos en que cando conseguimos falar en ámbitos que non son as comisarías ou os xulgados, entón estamos linchando os homes.

Damnatio memoriae, señor Pelicot

«Que a vergoña cambie de bando». Así explicou Gisèle Pelicot a súa decisión de expoñer ante o mundo o que lle fixeran. O algoritmo reserva para o señor Pelicot o seu bosquexo esborranchado en sede xudicial.

Elas

Hoxe é 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Hoxe, unha rapaza de 15 anos (nome descoñecido) foi asasinada pola súa exparella de 17 por, precisamente, decidir romper a relación (vítima aínda non oficial). Son 42, pero non son só números.

CTL 57 Lúa Mosquetera

Activista da palabra armada e creadora do reguetón feminista, entre outras moitas cousas, Lúa Mosquetera é unha poeta miñona afeita a facer dos seus recitais en directo a escusa ideal para que o seu verbo se volva salvaxe e perigoso. Desa necesidade natural de expresarse xorde un cuadrilátero poético sen…

#Notallmen

Cantos anos tiñas ti, querida lectora, a primeira vez que alguén che dixo que a túa roupa era inapropiada ou que puxeras un pantalón longo na túa casa porque viñan visitas?

CTL 46: Fillas de Cassandra

Fin de tempada por todo o alto! Coñecéronse nunhas xornadas de Feminismo unitario en Vigo e desde entón xuntaron a formación musical de María Soa -voz, percusión e piano- e Sara Faro -voz e percusión- para formaren o dúo. Apostan pola recuperación de melodías tradicionais e as novas líricas, inspiradas…

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail