ENFOCARTE

Un Mestre Mateo para Consuelo

Souben dela cando xa cumprira os noventa: Alexandra compartía nas redes sociais vídeos entrañables e divertidos nos que a súa avoa regalaba sabedoría e moito sentidiño. Consuelo transmitía emoción cos ollos e con palabras que tiñan o pouso dunha vida pasada dura, pero tamén a felicidade de compartila coa neta…

Os gafapastas invisibles

Sempre que vou a casa dun achegado que sabe que traballo no audiovisual pero é totalmente alleo a ese mundo, repítese o conto: «Mírame aí que lle pasa á tele, que non vexo ben a galega». E despois de desenchufar e volver a prender o aparello, calzo a mesma resposta:…

Busco intérprete de anuncios de colonia

Estar fronte a pantalla do televisor o último mes do ano foi un suplicio. Os espectadores aproveitan os eternos minutos de publicidade para botar unha ollada ao resto de canles. Poucos permanecen fieis, non hai máis que ver as curvas de audiencia. Eu son das que queda: mirar como contan…

A vista do paxaro: Abel, Orson e Woody

Cando arrinca xaneiro temos todos a sensación de que os excesos do Nadal xa remataron. Sentimos a noite e o día de Reis como unha prórroga, a sesión infantil da que moitos se descolgan. Só hai un neno en toda Galicia que alonga as festas ata mediado o mes: Abel…

A casa de Lugín

As hospedarías en Santiago son historia: lugares de convivencia e encontro onde os estudantes e peregrinos compartiron cuarto e confidencias. Vivín durante o meu primeiro ano na universidade nunha residencia de rapazas da rúa Orfas. Os martes eran sagrados; na tele botaban a serie da axitada familia Ewing, Dallas (1978-1991),…

Libros de serie

Nunca fun quen de ler no metro. Pousar a vista nun libro é perder a paisaxe, máis rica, de seres humanos. Aprendo moda, escoito diálogos inmensos e tomo nota do que len os compañeiros de vagón. Viaxo á mesma hora todos os días e iso permíteme ver os gustos literarios…

Elas son eles

Por moito empeño que meta, non me atraen as actividades nas que só participan homes. Tanto me ten un debate electoral como ese congreso de criminalística cuxa foto oficial resultou un posado de Alfonso Rueda a canda outros sete señores. No gran debate televisado das eleccións de novembro vimos catro…

A casiña do reloxo

«Buenas tardes tardes». Este saúdo de Locomotoro, o actor Paquito Cano, anunciaba a hora dos Chiripitifláuticos. Acababan os 60 e eu dividía as horas en tres: a de ir ao cole, a de ver na tele Os Chiripitifláuticos e a de marchar para cama. Escachaba de risa con Locomotoro, que…

Monxas en horario laboral

Son pouco de entrar en igrexas. En Santiago vivo a carón dunha capela que tardei anos en coñecer... e foi para coarme nunha voda que me espertou a curiosidade: sete convidados, os noivos, os padriños e o crego. Para non facer o número trece e que algún supersticioso me acusase…

Xa é outono

O outono trae a gran estafa do ano: róubannos unha hora e chegan noites que son tardes e tardes que xa son noite. Intento desafiar o negro do ceo con vestidos e abrigos de cores mentres busco refuxio na luz das pantallas. Nestes meses a actividade dos profesionais galegos do…

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail