ÉCHE O QUE HAI

Nadal, calcetíns e o inconstitucionalista Pablo Casado

Un amigo meu xulgaba que o calendario electoral non estaba ben afinado senón que había que pór unhas eleccións por ano: primeiro as municipais, despois as autonómicas, logo as xerais e por último as europeas, ou á inversa, tanto ten, e volta a comezar. Sostiña que os meses previos a…

O(h!) libro galego

Di a TVG que só un 4% da poboación do noroeste-peninsular-antes-coñecido-como-Galiza escolle «libremente» ler en galego. O de «libremente» é porque «coas obrigas do ensino» (sic), a porcentaxe sobre até o 17%. Cativa porcentaxe, mirémolo por onde o miremos, a pesar da imposición da lectura en vernáculo á cativada. Saltaron…

Da lingua aproveitase todo, como o porco

Unha das grandes frases maxistrais que nos deixou Castelao foi cando desexaba emitirmos billetes sen caras longas de políticos nin de sabios nin de artistas, só coa figura dunha vaca. Non vou ser eu quen contradiga, madia leva!, o noso máis senlleiro sabio, político e artista, pero acho que ao…

Este vaise e aquel vaise, e aqueloutro vaise e así até 100.000

Se por unha casualidade do destino volves por esta páxina dentro de media hora, haberá por estes lares un menor de 35 anos menos cotizando. Dentro dunha hora, 2. E, ao final do día, 48. Parecer non parecen moitos, pero se sumas os últimos 4 anos, fan 66.000: un Ferrol…

A media conselleira do Medio

Que teñen en común o Trofeo Miguelito, a liga provincial de voleibol benxamín, a II Fase do Torneo Provincial Escolar e de Promoción da Ximnasia Rítmica ou o Campus Mauro Sílva do RC Deportivo? Fácil, pensarás: actividades deportivas destinadas á rapazada, home! Ben. Mais... que relaciona todas as anteriores coa…

Cangas is not Catalunya

A terra é redonda, a auga molla, as estrelas non nos van caer enriba e Cangas non é Cataluña. Que unha cousa sexa obvia non implica que teñamos que a lembrar de cando en vez por se hai algún despistado na sala. Conforta saber que hai políticos que á súa…

Mil futbolistas máis para a lingua galega

Pasou o “Día del gallego” e a lingua xa está toda feita até o ano que vén. Co esmero deste ano, ademais, quedounos niquelada incluso até o 2020. A edición 2018 da festa das letras vernáculas prometía xa hai unha semana cando Feijóo I O Sociolingüista achou a resposta á…

Medo nas aulas

O PP do País Valencià da Comunidade Valenciana lánzase á nobre causa de que as nais e os pais participen máis activamente na vida educativa das súas crianzas. Os mércores, quedada coa titoría. O xoves, reunión da Anpa. O venres, denuncia do profesorado que adoutrina nas aulas aka que non…

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail