David Rodríguez

Experiencia en busca de forma

Desta volta paso polo «Bortel» a novela Coidadora (2021), flamante premio Xerais de novela asinado por María Marco. Na estética literaria desta comisaria de exposicións e crítica de arte viguesa aparecen boa parte dos trazos que asociamos á posmodernidade. Fragmentación, non liñalidade, mestura de xéneros, fotografías, prospectos, comentarios, citas, epístolas...…

Da invención do rexionalismo franquista

En Nus (Xerais, 2021), novela de iniciación que aborda o tema da liberalización dos costumes na Galicia dos anos oitenta, Manuel Gago fai dicir ao protagonista, tras o visionado en grupo dun filme caseiro de temática gai ambientada no país: Varios dos meus amigos miráronme sorprendidos. Como ía ser Galicia?…

Lingua remata en A

Achegámonos ao libro asinado por Teresa Moure Lingüística se escribe con A. La perspectiva de género en las ideas sobre el lenguaje (Catarata, 2021). A diferenza da súa obra literaria, o ensaio está escrito en lingua castelá e bascula con éxito entre o académico e o divulgativo, entre otras cousas,…

Sobre os fins dos medios

Leva mal o mundo dos mass media que se cuestione toda a súa faramalla retórica liberal arredor da prensa como fiscalizadora do poder e que se apunte ao que en verdade son hoxe os grandes conglomerados mediáticos: actores políticos de primeira orde, de propiedade privada e non sometidos a escrutinio…

Catarses individuais

Falabamos na anterior entrega desta sección sobre a dificultade que temos no presente para imaxinar unha relación óptima entre o particular e o universal, entre o individuo e a comunidade. Nesta nova entrega recuncaremos no tema. Este asunto, como non pode ser doutro xeito, aparece de forma reiterada na produción…

Penélopes

Coa retina aínda impregnada da revisión dos planos pictóricos creados por Rita Azevedo para retratar o tempo suspendido daquela Penélope encarnada por Clara Riedenstein no filme A Portuguesa (2018), achegámonos a un ensaio da investigadora Ana Garrido González arredor da obra de Xohana Torres, escritora que en Tempo de ría…

De illas e aliens

Fun ver Ons, o filme que estreou este ano que remata o director Alfonso Zarauza, agardando atopar non só unha proposta menos «experimental» que a doutras fitas galegas recentes, senón, sobre todo, un discurso que non botase demasiada man de tópicos asociados ao «ancestral-misterioso» galego; tropos, estes, de longa tradición…

Á procura do elo perdido

Suso de Toro debe ser o escritor que máis veces anunciou a súa retirada da escrita e máis veces regresou. O Suso de Toro que irrompe de novo con este Un señor elegante (Xerais, 2020) é o mellor Suso de Toro. Para quen isto escribe, e perdón se ofendo a…

Variacións e contrapunto

Saín do cinema, despois de ver Lúa vermella (Lois Patiño, 2019), pensando que o filme contiña algúns momentos potentes –coma a cativadora secuencia do chorro de auga ascendente procedente das comportas do encoro–, pero tamén con certa sensación de saturación pola preponderancia no chamado Novo Cinema Galego dun rexistro moi…

Soldados, subalternos e historia

Nunha pasaxe do libro segundo do «Sempre en Galiza», Castelao mostraba a súa indignación co tratamento que daba o xornal El Socialista aos soldados galegos na fronte de Asturias. Indignábase o de Rianxo porque se sinalase os galegos coma inimigos de Asturias, coma covardes, coma «mariscos». Lembraba Castelao que nesa…

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail