David Rodríguez

Tradicionalismos

Achegueime a Malmkrog (2020), película dirixida polo romanés Cristi Puiu, tratando de comprender algúns dos riscos que caracterizan o neotradicionalismo que, a través de personaxes como Alexander Duguin, se extenden pola Rusia post-soviética. A intelligentsia do xigante euroasiático, hoxe demonizado polo pensamento único mediático, semella aferrarse a unha das súas…

Da necesidade da crítica

Agora que a invasión rusa de Ucraína está a anegar co pensamento único otanista ata os recantos máis insospeitados, vén a conto reseñar unha nova publicación que nace no noso país co ánimo expreso de incitar ao pensamento crítico. A crítica está no ADN da esquerda desde que Karl Marx…

A Galicia global do traballo

O vencello da economía galega co exterior é amplo, sobre todo cando se entende a economía como unha actividade alicerzada no traballo humano. Das redes escravistas que fundarían fortunas primixenias, á man de obra expulsada en masa que tanto rédito daría á burguesía emigracionista de Vigo e da Coruña e…

A teimosía da Ave Fénix

A Fundación Vicente Risco vén de editar, a través do seu selo Dr. Alveiros, O legado pioneiro de Camilo Díaz Baliño. Unha bigrafía artística (2021), a cargo da investigadora Iria-Friné Rivera Vázquez. Un traballo voluminoso, de portada vistosa, xeneroso en imaxes e substancioso en datos ao que só se lle…

Pompa sen concreción

Desta volta ocupámonos no Bortel do libro dirixido por Alba Nogueira e Xavier Vence Redondear la economía circular. Del discurso oficial a las políticas necesarias. (Thomson Reuters/Aranzadi, 2021). Un libro académico de 396 páxinas e formato grande que reune traballos asinados por: Xavier Vence, José Francisco Alenza García, Alba Nogueira,…

Cartas sen destinatario

Antón Baamonde regresa ao ensaio cun traballo que goza da virtude de achegarse, en apenas 200 páxinas, a un dos temas centrais que ten o país por diante. En Unha nova Olanda. De Ferrol ao Porto: as cidades galegas e o norte de Portugal no escenario global (Galaxia, 2021), o…

Centro e periferia reloaded

O ano 2020 a editora Laiovento publicou un traballo asinado por Diego Sande Veiga baixo o título: O estrangulamento tecnolóxico de Galiza. Análise das políticas europeas para innovación rexional durante a gran recesión. Nese libro, analizábase a mala posición do noso país no que ten que ver co I+D+i dentro do magro contexto que, comparativamente falando, presentaba o Estado español para dito capítulo (ocupaba o…

Dos tempos heroicos

A esquerda adoita ter unha relación ambivalente co mito. Por unha banda, a súa natureza crítica coa ideoloxía como falsa conciencia lévaa a non deixar pedra sobre pedra a respecto de toda mitificación. Pola outra, a vontade de mobilizar masas e de converterse nun axente histórico condúcea a alimentar incesantemente…

A alquimia da revolución

Da man de Laiovento achegámonos ao libro A revolución en marcha. Decretos e proclamas da comuna de París (setembro 1870-maio 1871). Volume tirado do prelo este ano 2021 con edición a cargo de Xesús González Gómez. Canda Alberto Allegue, ocúpase González Gómez da selección e tradución ao galego dos materiais…

Da natureza e a liberdade

Volvemos peneirar #OBortel para comentar o texto latino Sobre a natureza das cousas (De rerum natura) de Tito Lucrecio Caro (96-94 a.n.e). Antes, cómpre felicitar a Rinoceronte, editora do volume este 2021 que, coa súa colección Vétera, permítenos acceder na nosa lingua a este e outros escritos clásicos tan imprescindibles…

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail