Cultura a todas luzes

VERMIT 09: Incendiaria & A Quinta do Cuadrante

Hoxe traemos un 2x1 que son 4, dúas compañías que unen forzas da man de Manuel María. Fan unha versión contemporánea e libre de A lúa vai encuberta, obra que o lugués escribiu no 1977. A peza fai un percorrido tamén por determinados momentos da memoria histórica galega, facéndonos pensar…

VERMIT 08: Alberto Conejero e Roberto Pascual

Hoxe facemos unha mestura especial: o director da MIT e un recoñecido dramaturgo madrileño. Conejero presenta un espectáculo chamado EL Mar: Visión de unos niños que no lo han visto nunca, que realizou con Xavier Bobés. A idea foi levar ó teatro a historia dun mestre que foi asasinado na…

VERMIT 07: Glória Ribera e Guillem Vizcaíno

Desta volta facemos un encontro entre dúas compañías mediterráneas: José y sus hermanas e D’es Tro. O artesanal (no caso de Guillem) e o tecnolóxico (no de Glória) como propostas estéticas. Tamén falamos do proceso individual e o colectivo. En Explore el jardín de los cárpatos, José y sus hermanas…

VERMIT 06: Alba Bermúdez & Tone Martínez (Galeatro) e Victor Hugo Pontes

Desta volta temos unha fusión galaico-portuguesa. Tomamos o vermú coa compañía galega Galeatro, que presentan na MIT Arte sen guión, un espectáculo ambientado no medievo baseado en xogos de improvisación. Unha comedia fresca e directa, con cancións e Historia galega. Tamén falamos con Victor Hugo Pontes, principal capitán da productora…

VERMIT 05: Fran Sieira e Artur Puga

A compañía de danza de Fran Sieira chega á MIT co seu espectáculo Demente. Froito dunha investigación sobre os trastornos mentais e a marxinalidade que producen, cóntannos o seu proceso de traballo ata chegar ó resultado final.

VERMIT 04: Esther Carrodeguas e Xabier Castiñeiras

A compañía ButacaZero volve a Ribadavia. Xa estrearan o seu primeiro espectáculo aquí, no ano 2016. Neste caso é cun espectáculo moi diferente.

VERMIT 03: Esther López e Aitor Galisteo-Rocher

Temos con nós a dous intérpretes da compañía catalana La Calórica, moi acorde con estes días. Adaptaron «Las Aves» de Aristófanes, traendo aquela historia simbólica ambientada na Atenas clásica á actualidade. Os conflictos das polis non cambiaron tanto ao longo dos anos.

VERMIT 02: Marta Alonso e Pablo Reboleiro

A primeira estrea desta MIT 2022. Despois do seu «Bailar agora», que tivo unha grande acollida, a bailarina Marta Alonso tráenos un espectáculo a dúo que se representou na Alameda de Ribadavia. Acompañada de Pablo Reboleiro, compoñen xuntos un espectáculo híbrido de xéneros.

VerMIT 01: Chela de Ferrari e Jaime Cruz

Chega Shakespeare ata os nosos encontros na MIT. A compañía peruana Teatro La Plaza (con xa vinte anos de traxectoria) trae a súa versión «recontralibre» ata Galicia.

VerMIT 00: Tatán R. Cunha e Ernesto Is

Cultura a todas luzes abre o telón. Un podcast de actualidade (e non tanta) de cultura galega variada: música, artes escénicas, exposicións, literatura e audiovisual.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail