Cultura a todas luzes

CTL 27: Celso Fernández Sanmartín

Di de si mesmo: Estudei a licenciatura de Filosofía en Santiago de Compostela. Teño convivido nalgunhas asociaciós, hoxe na que máis no Foro Para Cultivos Culturais. Traballei dez anos en Lalín mesmo como animador sociocultural nunha residencia de persoas maiores. Son horticultor por herdanza, por gusto e por necesidade. De…

CTL 26: As mulleres da conserva de Matria

Matria, de Álvaro Gago, está presente nos últimos Premios Goya. Charlamos coas mulleres da conserva que saen na película e, especialmente, coa protagonista: Francis.

CTL25: Desexo, de Talía Teatro

Temos con nós á compañía Talía Teatro, que veñen a falarnos dun proxecto moi interesante. Un proceso de investigación e posterior espectáculo sobre o uso da pornografía na adolescencia. Estarán en seis centros de secundaria facendo Teatro Foro cos alumnos, o que se traducirá nun espectáculo que se vai estrear…

CTL 24: Felipe Lage

Director de Zeitun Films e presidente da AGAPI (Asociación Galega de Productoras Independientes) chega ó noso programa para falar do filme Miguel’s War (2021), pero tamén da súa traxectoria con filmes de autor como os do seu irmán Oliver Laxe ou Lois Patiño.

CTL 23: Leticia Rey

Nacida en Vila de Cruces (Pontevedra), e adoptada recentemente por A Coruña, inicia os seus estudos musicais ós 11 anos, debutando coa teoría musical e piano, continuando con guitarra e armonía. En 2022 saca Lux, o seu primeiro disco, do que falamos detidamente con ela.

CTL 22: Fernando Castro Paredes

Fernando Castro Paredes (Tapia de Casariego, 1975), exerce como profesor de Ensino Secundario. Traballa no eido do teatro escolar e afeccionado, sendo un dos coordinadores da agrupación escolar Tuéjele Teatro, do IES Fernando Blanco de Cee, e membro do grupo Farándula Velutina, cos que desenvolve actividades por toda a xeografía…

CTL 21: Noa Presas

Visita o noso programa por primeira vez unha persoa que traballa en política en Galicia. Noa Presas, ourensana e profesora, agora mesmo parlamentaria polo BNG. Falamos das obras culturais que a marcaron, da situación do sector e de moitas cousas máis.

Jaione Camborda #20

Falamos con Jaione Camborda, directora de 'O Corno', Concha de Ouro 2023. Falamos de diferentes planos do filme, a súa estética e por suposto a temática clave na que se aventura.

Irmáns Morán Mato: Cláudia e Brais #19

Desta volta, despois de superar caídas de luz e temporais, charlamos cunha familia fascinante: a xornalista (parte da tribo de Luzes) Cláudia Morán e o músico Brais Morán.

CTL 17: Sica Romero

A experiencia persoal e laboral de Sica estivo sempre ligada á literatura e á arte. Afeccionada aos libros dende ben pequena gradúase en Historia da Arte (2018) e despois cursa dous mestrados: en “Xestión de Patrimonio, Museos e Mercados” (2019), e en “Formación de profesorado, Especialidade Xeografía e Historia” (2021).…

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail