Categoría: Surfea, simbionte!

Proportion
Raimundo Viejo7 Abril, 2026

O mito unitarista

O mito da unidade persegue á esquerda con ganas de épica. E, porén, foi en 2015, cando se presentou dividida, cando acadou un máximo histórico: 6.139.494 votos. A partir daquel momento a mitofilia da unidade fixo estragos que aínda persisten.

Proportion
Raimundo Viejo24 Marzo, 2026

O que non pode durar: a esquerda e os vindeiros retos electorais

O PSOE, logo de ver que á súa esquerda non quedaba nada e que Vox fraqueaba a prol do bipartidismo, impuxo unha liña política inequivocamente dereitista no económico. Sánchez lanzouse a conquistar o centro. Non o pode evitar: está no seu ADN.

Proportion
Raimundo Viejo10 Marzo, 2026

O BNG perante a proposta Rufián

Responder a Rufián tan expeditivamente como o fixo o BNG é non entender o que se está a xogar nestas eleccións. Outro tanto lle acontece, por certo, a Bildu, que non ao PNV, mesmo se no seu caso é certo que debe ter tacto de non quedar descuberto cos jeltzales.

Proportion
Raimundo Viejo23 Febreiro, 2026

O pobo perante o autoritarismo

A democracia pode estar ferida, pero non está morta. Cando menos aínda dá sinais de vida: o acto de Gabriel Rufián e Emilio Delgado celebrado na sala Galileo Galilei a semana pasada tivo un éxito sospeitoso.

Proportion
Raimundo Viejo10 Febreiro, 2026

Crónica (doutra) morte anunciada

As eleccións adiantadas en Aragón veñen cun aquel de primarias. Ante a falta de capacidade para facer oposición en base á defensa dun modelo propio, o PP optou por unha lexislatura de acoso e derribo contra Sánchez. Unha estratexia moito máis cómoda e con maiores beneficios.... Ata certo punto.

Proportion
Raimundo Viejo28 Xaneiro, 2026

Alén da diferenza, volver gañar

A política non debe ir da rúa ao Estado por medio da política da diferenza, isto é, da pluralidade intrínseca do corpo social ás institucións. Todo o contrario: é saíndo e proliferando, non buscando a identidade, senón destruíndoa (o que, por certo, predica a teoría queer).

Proportion
Raimundo Viejo13 Xaneiro, 2026

Decrecer é liberar

A cifra non para de bater récords. No World Inequiality Report 2026 explicábase que o 10% da poboación planetaria concentra o 75% da riqueza. Isto pon en evidencia que o decrecemento redistributivo non só é unha estratexia de clase solvente, senón mesmo unha cuestión urxente de supervivencia.

Proportion
Raimundo Viejo31 Decembro, 2025

Debe Sumar saír do goberno?

Existen boas razóns para quedar nel ata o final da lexislatura, que se resumen no «conseguir cousas para a xente» ou no máis ambicioso «gobernar para a xente». Imos visitar algúns argumentos en contra, o primeiro dos cales pasa por converter a afirmación nunha pregunta: está o goberno coa xente? Ou, máis modestamente, está o goberno a «conseguir cousas»?

Proportion
Raimundo Viejo17 Decembro, 2025

Ecuador de lexislatura

Desde que Podemos irrompeu en 2015 non se volveron mellorar resultados. Asistimos a unha lenta caída e fragmentación do espazo. O que no 2014 era un fervedoiro de forzas diversas hoxe é un conxunto uniformado sobre falsas bases políticas: sobrevivir no poder

Proportion
Raimundo Viejo3 Decembro, 2025

Candidato Rufián

A súa proposta para congregar nunha candidatura todo o que hai á esquerda do PSOE recibiu bastante atención. O seu éxito en resituarse no novo escenario ten moito que ver con non mencionar o seu proxecto de Estado e moito con ocupar o espazo como proxecto de esquerda moderada. Está disposto a non falar de independencia durante os vindeiros 15 anos?

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail