Categoría: A actualidade está sobrevalorada

Proportion
A actualidade está sobrevalorada21 Marzo, 2024

Altri, vodas e bautizos

A Xunta xa sabía que o proxecto de Altri era un calote en forma de macrocelulosa, e deixou pasar, ou non sabía nada. Visto doutra forma: foi cousa de malicia ou de ignorancia? Cal das dúas opcións é peor?

Proportion
A actualidade está sobrevalorada14 Marzo, 2024

A Galicia que non funciona e un tal Alberto

Unha ITV ao país para ver se Galicia funciona, retrasos na dependencia, cidadáns perseguidos por Facenda mesmo dentro dos seus humildes pisos no centro de Madrid, adiantos electorais en Cataluña e o inesperado retorno dun vello misterio. De todo no episodio desta semana.

Proportion
A actualidade está sobrevalorada7 Marzo, 2024

A nova axenda feminista e o retraso ferroviario de sempre

Este 8 de marzo reflectirá un feminismo consolidado, e máis ou menos libre do bombardeo mediático ao que estaba sometido cando era área ministerial de Podemos. Tamén falamos deses trens que ían vir e non viñeron.

Proportion
A actualidade está sobrevalorada29 Febreiro, 2024

Rueda, Besteiro, Ábalos e outros líos

Comezará Alfonso Rueda a executar as 872 medidas que prometeu? O que non ten dúbida é o caso de Besteiro: segundo a petición unánime do pasado podcast, queda. Como Ábalos (aínda que non se lle pedira)

Proportion
A actualidade está sobrevalorada22 Febreiro, 2024

A análise definitiva do 18F

Quen ganou? Quen perdeu? Alguén empatou? Se non ten claros os resultados, máis aló dos números, do 18F, este podcast de servizo público xa llo aclara.

Proportion
A actualidade está sobrevalorada15 Febreiro, 2024

Feijóo, ETA e outras cousas de votar

As eleccións galegas sempre son unha cousa rara. Nestas, o candidato real polo PP, Alfonso Rueda, está como metido na cama, e no seu lugar parece que se presenta Feijóo.

Proportion
A actualidade está sobrevalorada8 Febreiro, 2024

Debates, tractores e zorras

Colea o #DebateTVG? Colea, para desgusto duns e alegría doutros. Se queren saber que e de quen, aquí contaranlles como lles parece que lles foi a cada un.

Proportion
A actualidade está sobrevalorada31 Xaneiro, 2024

Arrinca a campaña! (especial edition crossover)

Desta vez, facemos o traballo a medias con Público.es. Eles poñen a tele e nós a radio. O arrinque da campaña ben vale o esforzo.

Proportion
A actualidade está sobrevalorada28 Xaneiro, 2024

Todo o que querías saber sobre a enquisa do CIS (e non te atrevías, etc)

Sabías que o 41% do electorado do PP son xubilados ou pensionistas? Que o 5% decláranse só galegos?  Que o BNG é a súa segunda opción de voto? Pois escoita o podcast desta semana.

Proportion
A actualidade está sobrevalorada12 Xaneiro, 2024

Todo o que entra, sae

Todo o que contamina é tóxico? E viceversa? Todo o que entra, sae?, tal e como asegura o conselleiro mariño e experto dixestivo Alfonso Villares?

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail