Categoría: Podcast

Proportion
Luzes19 Marzo, 2026

Correntes do Atlántico: São Paulo, todas as derrotas de Pepe Velo

Pepe Velo chegou triunfante a Brasil en febreiro de 1961. Nese ano, Velo embarcara nunha misión: tomar co DRIL o transatlántico Santa María. O plan non saíu ben. E pese a ilusión da chegada á súa nova casa, a partir de 1961, en São Paulo, para Velo só agardaba a enfermidade, a morte e o esquecemento.

Proportion
Malva&Duarte18 Marzo, 2026

Emerald Fennell, inimiga do podcast

Neste episodio Malva e Duarte falan sobre cousas que odian, en particular, unha das grandes inimigas do podcast: a directora de cine inglesa Emerald Fennell, culpable de crimes contra a humanidade tales coma Saltburn ou Wuthering Heights.

Proportion
Luzes12 Marzo, 2026

Correntes do Atlántico: Salvador de Baía, que aconteceu cas mulleres?

Dona Lola, Rosario Albán, Bette Blanco, Lourdes Valencia. En Salvador de Baía, a cidade máis galega de todo Brasil, os ...

Proportion
Malva&Duarte9 Marzo, 2026

O ithkuil, a lingua ‘perfecta’

Esta semana Malva e Duarte tráennos a historia de John Quijada, un home estadounidense que, disposto a corrixir os erros das linguas modernas, crea o ithkuil, sen saber as escuras consecuencias que isto implicaría. A maior de todas elas? O mal rato que pasa Malva escoitando a súa historia.

Proportion
Luzes5 Marzo, 2026

Correntes do Atlántico: Itacaré, as dúas vidas de Laureano Graña

No Nadal de 1952, Laureano Graña marchou de Marín para sempre. Deixou atrás unha familia, sen deixar rastro, e acabou en Itacaré, un pobo perdido na costa de Brasil. Alí comezou unha nova vida con 50 anos. Que historia é a que nos conta o relato das diferentes faces de Laureano Graña?

Proportion
Luzes26 Febreiro, 2026

Correntes do Atlántico: Santos, as bágoas que Pepe Macía nunca esquecerá

«Correntes do Atlántico» é unha viaxe sonora na busca dos nosos contos migrantes, que tomaron en América as formas máis diferentes. Os relatos daquelas que volveron a Galicia cas súas maletas cheas, os dos que nunca regresaron e as de todos aquelas galegas e galegos que atopamos no camiño con algo que contar.

Proportion
Malva&Duarte23 Febreiro, 2026

O yaoi, o omegaverso e os Bridgerton

As tanxentes de Malva e Duarte son como caixas sorpresa: non sabes que van conter ata que decides abrilas. E pensamos que, acompañados de novo neste episodio por Sara Riveiro, elevaron esta semana o concepto á enésima potencia.

Proportion
Malva&Duarte18 Febreiro, 2026

Sara Riveiro fala de L. Ron Hubbart

Esta semana volve, como prometera, unha das mellores amigas do podcast, para falarnos dunha das súas grandes obsesións: o gran vilán da historia L. Ron Hubbart. Se non sabes quen é espera a que cho conte ela. E se sabes xa quen é únete ao episodio mellor explicado da nosa historia.

Proportion
Malva&Duarte3 Febreiro, 2026

Malva e Duarte recomendan cousas

Neste episodio, Malva e Duarte recomendan cousas: vídeos de youtube, álbumes, pelis e máis. Podedes ver o listado completo das recomendacións mencionadas no episodio aquí.

Proportion
Cultura a todas Luzes30 Xaneiro, 2026

CTL77: Tromso

Tremenda quedada fixemos coa compañía Morraoconto! Presentan a súa primera peza, Tromsø. É unha reflexión en clave de humor dende a perda. Sobre a vida, a morte e todo o que queda entre medias. E desta volta, Cultura todas Luzes estréase con vídeo tamén!

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail