Categoría: A actualidade está sobrevalorada

Proportion
A actualidade está sobrevalorada25 Novembro, 2022

Culpas repartidas: pacientes e vítimas

«A sanidade madrileña está mal? Pois a nosa non se pode quedar atrás!» parece ser a consigna das nosas autoridades. Centros de saúde sen pediatra («non quedabamos en que había poucos nenos?»), e o Colexio Médico de Pontevedra («outros politizados?») que rompe relacións coa Consellería de Sanidade.

Proportion
A actualidade está sobrevalorada18 Novembro, 2022

Corcubión, mon amour

Con Pereiro por Bruxelas a conta do Prestige tocou facer repaso e repartir barcos cheos de chapapote e industrias merdeiras polas rías galegas. Ademais houbo tempo para avaliar a bondade xurídica da lei do «solo sí es sí» e preguntar se entrar no xogo do populismo punitivo é botarse nas mans da dereita.

Proportion
A actualidade está sobrevalorada11 Novembro, 2022

«Prestige» e Correo, naufraxios galegos

Esta semana Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero e Xosé Manuel Pereiro lembran o que facían cando tiveron a primeira noticia do Prestige e sorpréndense moderadamente co comportamento da Xunta de Galicia en relación a El Correo Gallego.

Proportion
A actualidade está sobrevalorada4 Novembro, 2022

O seu Alberto e Donato: falsas apariencias

A actualidadade está sobrevalorada cabalga outra vez! E agora, os catro xinetes da Apocalipse son realmente catro. Ana Luísa Bouza, ...

Proportion
A actualidade está sobrevalorada20 Xullo, 2022

Arde Galicia, para variar

Quen contaba! En xullo ponse a facer unha calor do demo, cando o dispositivo antiincendios da Xunta está a medio desenvolver. Afortunadamente, o conselleiro do ramo está onde ten que estar: dando entrevistas a medios amigos.

Proportion
A actualidade está sobrevalorada13 Xullo, 2022

Menos (nada de) periodismo

Os xornalistas menten? Os policías fabrican probas para incriminar xente inocente? Nas películas si e, polo que se ve, ou máis ben polo que se escoita, na realidade tamén. Na española, polo menos.

Proportion
A actualidade está sobrevalorada6 Xullo, 2022

OTAN, de entrada si, por suposto

Por se non estaba claro quen mandaba, o pasado Cumio da OTAN en Madrid deixouno claro: os de sempre, e cos modos de sempre, nada de ambigüidades. E se hai que gastar o que faga falta en armamento –norteamericano, por suposto– gástase, porque é por necesidade de seguridade.

Proportion
A actualidade está sobrevalorada29 Xuño, 2022

Xuíces, OTAN e sexo ordenado

A actualidade non só está sobrevalorada, senón sobredimensionada. O masacre de Melilla foi a resolución dun problema de integridade territorial. A OTAN agrándase en Madrid. O aborto deixou de ser un dereito –non desexado, pero dereito– nos EUA por decisión duns xuíces vitalicios, e por se fose pouco, aquí empezan a organizarse as Cruzadas.

Proportion
A actualidade está sobrevalorada22 Xuño, 2022

Feijóo, Bonilla, a mesma loita!

Das eleccións andaluzas parece que se poden sacar dúas conclusións: unha, que o método Feijóo de gañar autonómicas (nada de ...

Proportion
A actualidade está sobrevalorada14 Xuño, 2022

Galicia express

Os viadutos reparados véñense abaixo cando estaban a piques de reinaugurarse. Os trens rápidos veñen, pero as frecuencias coas que circulan vánse igual de rápido. En Galicia, en cuestión de comunicacións, estamos como estabamos? Ou estivemos como pensabamos que iamos estar, pero deixamos de estalo?

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail