Categoría: Outra vaca no millo

Proportion
@todomalva20 Xaneiro, 2023

Este corpo meu

Este corpo que é meu, que non é da colección de homes que pasan polo meu dormitorio, non é dun rapaz que só me quere ás agachadas; este corpo que existe cando non é obxecto de desexo. Este corpo meu, que tanto me coida.

Proportion
@todomalva5 Xaneiro, 2023

«The Walking Dead», a expedición Donner e Samuel

Samuel non me precisa para sobrevivir unha apocalipse zombi, pero supoño que loitar por sobrevivir nun mundo hostil é un pouco como sentar a ver esa serie horrorosa de zombis con el. Non quero, non me apetece nada, non o faría soa. Pero si o faría por estar con el.

Proportion
@todomalva8 Decembro, 2022

Sobre ser demasiado

Pasamos dúas horas sentades no seu sofá facéndonos 'playlists' de cancións que nos recordaran e unhe ae outre. Ambas de máis de tres horas. Rindo todo o tempo como adolescentes. Iso é ridículo, e innecesario. É demasiado. Pero para nós foi o que tiña que ser.

Proportion
@todomalva24 Novembro, 2022

Non lle tes que falar á túa nai de min

Só podo apertar a súa man coa esperanza de que iso lle diga todo o que quero que saiba; que a Igrexa á que lle dedicou todos os domingos ata que marchou daquela vila asfixiante non ten razón. Que ela é perfecta tal e como é, que non lle ten que falar a súa nai de min, xa lle falarei á miña dela.

Proportion
@todomalva27 Outubro, 2022

Devólveme a miña adolescencia, era miña antes

Que o noso 18 aniversario sexa a fronteira entre que sexa socialmente aceptable ou non ter a homes moito maiores salivando ante a posibilidade de ter acceso aos nosos corpos paréceme algo ao que darlle unha volta. Ou dúas.

Proportion
@todomalva13 Outubro, 2022

Lingua de fantasía

Quen me dera ver as batallas épicas, a maxia e os romances da forma que me gusta: en versión orixinal. Con personaxes que se chaman Antía e Xoel. No salón, coa miña nai. Sen subtítulos. Pero, de momento, conformareime con Galadriel e Arondir.

Proportion
@todomalva15 Setembro, 2022

Outro martes calquera

Agora estou escribindo estas palabras para Ana López Quintela, profe, escritora de contos infantís e unha das miñas amigas máis responsables, para que saiba que escollería tirar os cartos na AP-9 todos os días con ela antes que o mellor plan do mundo con practicamente calquera outra persoa.

Proportion
@todomalva1 Setembro, 2022

Fiona Apple e as palabras amables

Son unha moi dedicada fan da música feita por e para mulleres tristes, enfadadas e intensas. Phoebe Bridgers. Joni Mitchell. Edith Piaf... Pero a indiscutible raíña das señoras tristes, enfadadas e intensas que fan música para outras pobres almas tristes, enfadadas e intensas é Fiona Apple.

Proportion
@todomalva18 Agosto, 2022

Como ser a vítima perfecta

Cando estiven de Erasmus na universidade de Galway, en Irlanda, tiven a sorte de poder escoller unha clase que non estivese directamente relacionada ca miña atroz carreira (Dereito, resultoume infumable e alégrome moito de non tela xa preto), así que rematei rodeada de yankees louras de intercambio en «European Woman’s Studies» (Estudos da muller europea).

Proportion
@todomalva21 Xullo, 2022

Os meus cumes de Windermere

Na súa canción «The Lakes», Taylor Swift canta: «Eses cumes de Windermere parecen o sitio perfecto para chorar». Os meus cumes de Windermere son os torrentes do Mácara.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail