Categoría: Nowhere Girl

Proportion
Mariña Losada (IG: @miss_nowhere_girl)24 Abril, 2025

A parábola do Papa e o vicepresidente

Se ben non era perfecto e o progreso foi lento e en ocasións insuficiente, non hai dúbida de que a súa filosofía era a da paz, a tolerancia, e a defensa dos máis vulnerables. Por iso é bastante simbólico que falecera apenas doce horas despois da súa reunión con JD Vance, representante dun goberno desapiadado.

Proportion
Mariña Losada (IG: @miss_nowhere_girl)11 Abril, 2025

Carapuchiña e o lobo

Trump decidiu centrarse nun único inimigo ao decatarse de que o mundo non vai quedar sentado mentres lles crava os aranceis? Ou era este o seu obxectivo desde o principio? Empezar cunha proposta excesiva para que todos respiremos tranquilos cando recúa e revela o que, por comparación, é un plan menos extremo.

Proportion
Mariña Losada (IG: @miss_nowhere_girl)20 Marzo, 2025

A arte do exterminio

O único motivo polo que Netanyahu acordou a tregua foi a presión por parte da súa propia poboación para intentar recuperar os reféns. Agora xa pode desentenderse e dicir que si, que o intentou, pero que eses salvaxes de Hamás se negaron, de modo que a única solución é volver a masacrar os palestinos.

Proportion
Mariña Losada (IG: @miss_nowhere_girl)25 Febreiro, 2025

O inimigo da democracia

Coñecido ata hai pouco como o director executivo de Tesla e SpaceX, e máis recentemente como o señor rico que comprou Twitter para estragalo, agora dedícase a sacar fotos de parella con Trump e a despezar o goberno estadounidense departamento por departamento. Refírome a Elon Musk, o executor do infame «saúdo romano» que os demais republicanos parecen tomar como exemplo a seguir.

Proportion
Mariña Losada (IG: @miss_nowhere_girl)5 Febreiro, 2025

A vítima perfecta

O caso de Blake Lively e Justen Baldoni lémbrame ao polémico xuízo de Johnny Depp, denunciado por Amber Heard. Igual que daquela, TikTok encheuse de vídeos nos que ela era maleducada. Parece ser que para ser considerada vítima dun abuso non só tes que demostralo, senón portarte ben sempre que haxa unha cámara diante.

Proportion
Mariña Losada (IG: @miss_nowhere_girl)17 Xaneiro, 2025

A ignorancia é a forza

A capacidade para soster dous feitos contraditorios como válidos simultaneamente denota a fe cega e confianza absoluta que os seguidores de líderes como Trump teñen nel. Se só se fían del, a democracia depende exclusivamente do seu estado de ánimo.

Proportion
Mariña Losada (IG: @miss_nowhere_girl)3 Xaneiro, 2025

Finis mundi

A pesar de todas as razóns polas que poderiamos sentirnos desesperanzados, se todos o desexamos e traballamos para conseguilo, con algo de sorte o ano que vén será mellor ca este.

Proportion
Mariña Losada (IG: @miss_nowhere_girl)28 Novembro, 2024

Se non o miro, non me ve

Malia os avisos da maioría da comunidade científica, as organizacións internacionais e un número deprimente de gobernos toman a mesma actitude respecto do cambio climático ca os cativos respecto dos monstros que se esconden nos seus armarios.

Proportion
Mariña Losada (IG: @miss_nowhere_girl)19 Novembro, 2024

O presidente de reality shows

A xente non busca o mesmo no seu entretemento e no seu goberno, verdade? E, porén, o éxito continuado de Trump demostra que a xente, en particular a xente americana, está disposta a votar e a elixir de presidente un showman condenado por 34 cargos de fraude e polo menos 26 alegacións por agresións sexuais.

Proportion
Mariña Losada (IG: @miss_nowhere_girl)30 Outubro, 2024

#Notallmen

Cantos anos tiñas ti, querida lectora, a primeira vez que alguén che dixo que a túa roupa era inapropiada ou que puxeras un pantalón longo na túa casa porque viñan visitas?

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail