Categoría: A porta de Tannhäuser

Proportion
Mara Mahía2 Xullo, 2025

Superheroes

Non se pode tirar a toalla porque catro desvergoñados socialistas machistas anden enredados en corrupción. Xa xabemos que habelas hailas, mais tamén estamos nós. Os heroes en bata que cada día facemos o que temos que facer, que non odiamos os emigrantes porque sempre temos presente a nosa historia, o noso pasado.

Proportion
Mara Mahía5 Xuño, 2025

Hotel Reverie

Hai tempo que deixei de ver a serie Black Mirror. Non porque non me encante, senón porque as historias se volveron distopías tan reais que me era imposible tragalas, pero esta última tempada foi diferente. A metade de episodios van de amor.

Proportion
Mara Mahía18 Maio, 2025

A nova escalada de Deutschland

A administración non deixou que a manifestación da Nakba fose en Neukölln, un barrio onde reside a maior concentración de palestinos en Europa. Finalmente foi en Südstern e o que pasou alí foi un tremendo caso de abuso e violencia policial. A Polizei converteu unha mani pacífica nunha batalla campal.

Proportion
Mara Mahía25 Abril, 2025

A miña veciña trans

Hai unhas semanas, o Tribunal Supremo británico definiu o que é ser muller. Ser unha muller ou un home decente implica moito máis que ter cona ou pene, pero cando a sociedade fundamentalista que defende unha cultura tradicional e inamovible ten medo de que lle movan as pezas, saca leis e prohibicións da manga.

Proportion
Mara Mahía7 Marzo, 2025

A insoportable escravitude de ser muller

Vestiamos como visten as mulleres tradicionais heterosexuais, sempre con faldras, maquillaxe, tacóns e o pelo longuísimo. A sociedade provinciana berce do ditador anano instruíanos nun papel de «mulleres» que tiñan que ser dóciles e levar roupa pouco apta para rubir polas árbores. O día no que me decatei de que a miña identidade de muller non tiña que cumprir ningún deses requisitos volvín nacer

Proportion
Mara Mahía21 Febreiro, 2025

Noticia bomba

O de Trump ou o do AfD alemán trátase de montar boureo: crear mensaxe, diga o que diga esa mensaxe. Canto menos sentido teñen as súas palabras, máis atención conseguen. E logo que veña The New York Times a desmentir o que xa quedou cravado nas mentes da cidadanía.

Proportion
Mara Mahía4 Febreiro, 2025

Trumpocracia

Dá a impresión de que a soberanía reside no pobo, que pensa que a exerce directamente, pero o certo é que reside nun probado delicuente que goberna por medio de ordes executivas e crea sandeces, caos e medo nas redes sociais baixo unha aura patriótica na que os vocablos máis simples significan exactamente o contrario.

Proportion
Mara Mahía27 Xaneiro, 2025

O efecto Adolfo

As dúas varas de medir do xuíz Adolfo Nonseiquén, que entrevistou a Elisa Mouliaá acusándoa cun paternalismo noxento e a Errejón dándolle palmadiñas nas costas, paréceme a proba definitiva de que denunciar abusos ás autoridades case nunca funciona.

Proportion
Mara Mahía31 Decembro, 2024

As uvas da ira

Ocórreseme que este fin de ano vou papar as uvas da ira. Vou tragar unha ducia das miñas furias para comezar outra volta o Sol, libre de rabia e cun parabrisas limpo.

Proportion
Mara Mahía20 Decembro, 2024

A miña heroe-heroína

Os heroes dos contos eran sempre homes que rescataban princesas ou salvaban un reino. Un despropósito o da educación patriarcal. Investín moito tempo en convencer a miña nai e algún irmán de que as mulleres estaban feitas do mesmo calibre que calquera Superman.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail