Categoría: Ás toas

Proportion
Antía Yáñez23 Marzo, 2025

O odio

Entendo que o asasino, José Bretón, queira seguir falando: porque as formas de facerlle dano á nai das criaturas continúan a estar dispoñibles para el.

Proportion
Antía Yáñez5 Marzo, 2025

As miudanzas que nos alimentan

A MICE cumpre 20 anos de compromiso co cinema etnográfico e a antropoloxía audiovisual; un festival único no seu xénero en toda Galicia e un dos poucos a nivel estatal. E, a pesar diso, ten que facerse espazo a cotobeladas co resto de eventos cinematográficos da época.

Proportion
Mara Mahía21 Febreiro, 2025

Noticia bomba

O de Trump ou o do AfD alemán trátase de montar boureo: crear mensaxe, diga o que diga esa mensaxe. Canto menos sentido teñen as súas palabras, máis atención conseguen. E logo que veña The New York Times a desmentir o que xa quedou cravado nas mentes da cidadanía.

Proportion
Antía Yáñez3 Febreiro, 2025

Antes morta que atendida

María Isabel afastouse dos focos en 2021 por problemas de saúde mental. Cando a xente famosa fai este tipo de afirmacións non podo evitar pensar na sorte que teñen. Como a tiven eu, porque meus pais, cando o necesitei, tiñan cartos abondos para pagarme a terapia.

Proportion
Antía Yáñez20 Xaneiro, 2025

Eu sei por que cantamos

Non entendo que, no canto de deitar a ollada sobre por que as mulleres non denunciamos, o fagamos en que cando conseguimos falar en ámbitos que non son as comisarías ou os xulgados, entón estamos linchando os homes.

Proportion
Antía Yáñez22 Decembro, 2024

Felices festas todos os días

Nestas festas anímovos a seguir xogando ás mentiras, a seguir reuníndovos con xente esquecible, a seguir comprando agasallos que nunca ninguén usará, a seguir comendo eses menús de Nadal indixestos.

Proportion
Antía Yáñez9 Decembro, 2024

Matemáticas e xénero

A semana pasada os medios fixéronse eco dos resultados do TIMSS 2023, que é como o PISA de Primaria. Non levei sorpresa coas diferenzas de xénero. Os datos están aí, pero a pregunta é por que pasa isto. Mellor dito: a pregunta é por que tan pouca xente se fai esta pregunta.

Proportion
Antía Yáñez18 Novembro, 2024

Quedar ou marchar

Non teño claro se é máis importante non ceder espazos ou non caer no xogo; ser a nota discordante ou deixalos ladrar sós; manter a comunidade de afectos no medio da esterqueira ou abandonar o vertedoiro antes de que a morea de lixo che caia enriba.

Proportion
Antía Yáñez4 Novembro, 2024

A guerra dos mundos

Observo como o lema de «só o pobo salva o pobo» cobra forza. Pero cómpre saber quen é o «pobo», porque ese «só» implica que hai outros que non forman parte dos salvadores. Ese «só» a quen sinala realmente é aos malos. Quen son os extraterrestres orwellianos desta DINA?

Proportion
Antía Yáñez22 Outubro, 2024

As Neves

A personaxe de Paula séntese soa, aínda que está acompañada. Aínda que eu tamén o estou, pregúntome por que me sinto tan soa nalgúns momentos. Ao mellor por iso a xente dá a súa opinión tantas veces todo o tempo, por ver de atopar aqueles que opinan igual e sentírense menos sós.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail