Categoría: Almanaque do Asombro

Proportion
Estibaliz Espinosa18 Decembro, 2025

O ceo das ciencias sociais

A xerarquía das ciencias e a separación das ciencias e as humanidades é unha falacia. A ciencia social permite que a ciencia se vexa as engurras, que os laboratorios teñen paredes, as paredes, oídos, e os orzamentos, intencións. Serve para lembrar que a descuberta máis pura non deixa de ser filla do seu tempo, dos seus acertos e miserias.

Proportion
Estibaliz Espinosa14 Decembro, 2025

A laranxa cuántica

Unha apoloxía do felino como a única entidade capaz de colapsar a función de onda mentres lambe unha pata. E se a materia escura fose como a indiferenza dun gato negro nun cuarto sen luz?

Proportion
Estibaliz Espinosa14 Decembro, 2025

A ceo aberto, dando voces

Ver as estrelas é un dereito, un dereito que se propuxo como o número 18 dos obxectivos Axenda de Desenvolvemento Sostíbel 2030 (ODS) de Nacións Unidas. Somos a primeira xeración de homínidos que, entendendo o que é fisicamente unha galaxia, deixa de ver a súa propia no ceo nocturno.

Proportion
Estibaliz Espinosa11 Decembro, 2025

Onde estaremos cando o leamos

Aquelas amizades que parecían desafiar as leis da física tamén están suxeitas á deriva continental da cuarta dimensión. Non sempre hai culpables, nin traizóns. Só a física implacable da vida imitando o cosmos: actúa entre nós unha sorte de enerxía escura, esa forza misteriosa que non só afasta as galaxias, senón que acelera a súa separación canto máis distantes están.

Proportion
Estibaliz Espinosa10 Decembro, 2025

Cantarlles ás abellas

A abella, criatura de 100 millóns de anos de orde hexagonal, fica presa na desorde dun mundo que se autopoliniza colapso. E queda o despropósito das flores orfas e sen froito. E as alvarizas tan baleiras de ritual como cheas de urxencia.

Proportion
Estibaliz Espinosa6 Decembro, 2025

O que desde a órbita nos constitúe

Desde esta órbita, o abandono é a tonalidade principal: o noso mundo tampouco ten compañeiro habitado. Quero ver algo máis: que neste planeta polo de agora só, cada recanto inventou a súa propia forma de existir. Non é un problema por resolver, a biodiversidade, máis ben o único xeito no que a vida dá en manifestarse.

Proportion
Estibaliz Espinosa4 Decembro, 2025

Xustiza poética / xustiza cósmica

Cando unha administración pública pide «altruísmo» a unha creadora autónoma para «facer país», está apelando a unha falsa xustiza poética. A xustiza poética rompe a chorar cando observa a folla de gastos dun evento cultural.

Proportion
Estibaliz Espinosa3 Decembro, 2025

Coidar no ocre da luz

A segunda cousa máis difícil que fixen na vida foi coidar de mamá cando outros comezaban a chamarme mamá.

Proportion
Estibaliz Espinosa2 Decembro, 2025

Vento xélido e o lume do paporroibo

Conto os anos de vida que custará pagar unha vivenda que igual é un cuarto de vasoiras, un faiado. Sei que non habito un fogar, que se o miro ben é un activo financeiro. A xentrificación avanza pero quen se vai dar conta, se non é con tanques senón con cafetarías boutique.

Proportion
Estibaliz Espinosa1 Decembro, 2025

A ocultación da estrela

24 pensamentos decote sobre o entrelazamento ciencia-literatura-sociopolítica-arte, a xeito de calendario de Advento de 2025. Homenaxe as 24 _ko_ do Calendario Sekki nipón como os Minteiros Verdadeiros.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail