Categoría: Reportaxes

Proportion
Cristián López e Graciela Carlos23 Outubro, 2017

O día que pensamos que ardía todo

Un manto gris comezou a cubrir o ceo ese domingo dende primeira hora da mañá. Pequenos raios de luz incandescentes atravesaban as nubes de fume, que deixaban ao seu paso unha choiva incesante de cinzas. O ambiente era cada hora máis abafante, denso, a calor intensa. Un cheiro a queimado instalouse nos narices e nas gorxas.

Proportion
Sanjuana Martínez19 Setembro, 2017

México: Non disparen, somos periodistas!

Aos periodistas mexicanos mátanos non só polo que publican, tamén polo que non publican. Tamén os asasinan por facer preguntas, por difundir un nome prohibido, por sinalar os culpables nun crime, por denunciar a conivencia entre narcotráfico e goberno, por exhibir os cárteles da droga que controlan cidades ou estados, por investigar crimes da policía, o exército ou a mariña, por indagar asuntos de «Seguridade Nacional»…

Proportion
Pablo L. Orosa19 Setembro, 2017

Rohingya: o xenocidio do que o mundo non escoita falar

Na baía de Bengala o silencio ten conquistado as palabras. A Rohima dálle medo escoitar o silencio. Por iso pasa as noites debuxando un mar que se parece a este que esmorece diante da súa casa. Mais o mar de Rohima non cuspe corpos espumosos. O mar de Rohima trae caixas cheas de xarda e de atún. A Hussein e a Saddik gústalles o mar que debuxa súa nai. «Por iso imos subir a ese barco. Para chegar a Malaisia». Alí é onde Rohima pintou o seu mar. Mais o que Rohima aínda non sabe é que os rohingyas, os musulmás que viven na ditadura budista de Birmania, teñen prohibidos os soños.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail