Categoría: Seccións de Revista Luzes

Proportion
Xavier Queipo29 Xullo, 2022

Introdución á Biblioteca Atlántica

De toda esa avenida de títulos, de autores, de tendencias, irei falando devagar nas páxinas de «Luzes». O obxectivo non é outro que transmitir ao meu neto, que agora só ten catro anos, un cento de libros (ou se cadra mellor de autores), que conto con lle deixar de herdanza.

Proportion
Lois Alcayde Dans26 Xullo, 2022

María das Herbas: «A metade dos principios activos que hai nas farmacias veñen de produtos naturais»

Unha investigación académica levou a María Moure de Oteyza a internarse nun dos lugares privilexiados do diálogo entre natureza e ser humano na xeografía galega: a serra do Courel. E aquilo que foi recollendo a man desta farmacéutica transformouse nun libro que acaba de saír do prelo, cunha segunda edición en camiño. «María das Herbas e as Herbaxeiras do Caurel» ou o futuro dunha serra ollada con amor.

Proportion
Luís Menéndez Villalva19 Xullo, 2022

Os alicerces da TVG. Aquel soño dunha noite de verán do 85

Había unha vez tres señores, todos eles moi coñecidos nos mundiños xornalístico-culturetas e certamente achegados ao poder da entón efervescente política autonómica que respiraba Compostela e, entre cunca e cunca (louza branca sobranceando Ribeiro de matute), debullaron a idea –certamente imposta, non orixinalidade deles– de pór en marcha medios de comunicación públicos en galego.

Proportion
Ana Casanova14 Xullo, 2022

Basilio Losada: «A literatura volveuse pedante e aburrida»

Das cinco marchas que ten o aparello Basilio Losada escolle a terceira. «O mellor que me pasou nos últimos anos ...

Proportion
Suso Iglesias12 Xullo, 2022

Alan Stivell: O druída existe

É unha vaca sagrada no seu país. Con dez anos subiu aos escenarios para tocar a primeira arpa céltica que o seu pai, Georges Cochevelou, músico e luthier, construíra rescatando un instrumento perdido dende a Idade Media.

Proportion
Silvia López5 Xullo, 2022

Libertad Aurora e as mulleres da mina

Abel Aparicio asina o libro ¿Dónde está nuestro pan?, un conxunto de tres relatos sobre a represión durante a guerra e a posguerra na comarca do Bierzo. Escribe para loitar contra a desmemoria e o esquecemento daquelas mineiras que desfacían o lombo na liña de baldes ou daqueloutras 39 veciñas que se rebelaron ante os gobernantes pola falta de alimentos.

Proportion
Luzes4 Xullo, 2022

A gran dimisión e o cansazo democrático

Fálase moito da «gran dimisión». Mais fálase en diferentes sentidos, mesmo contrapostos. O primeiro en popularizar esta expresión, «The Great Resignation», foi o psicólogo e profesor de Xestión en Texas Anthony Klotz para definir unha especie de revolución social silenciosa: o abandono do traballo por millóns de persoas nos Estados Unidos.

Proportion
Yolanda Virseda20 Xuño, 2022

Isaías Lafuente: «En esencia, Franco fixo o mesmo ca Hitler»

O 1 de outubro de 1931 aprobouse o dereito ao voto das mulleres. O debate parlamentario xerou grande expectación, e ...

Proportion
Paula Ramos13 Xuño, 2022

Antes de Virginia Wolf foi Rosalía

Case un século antes de que a coñecida escritora británica Virginia Woolf alzase a voz en pro das mulleres na ...

Proportion
María Yáñez9 Xuño, 2022

Eu vivín Cantareliña

Esta é a historia dun fito da cultura galega que abriu un camiño moi importante para a normalizacion lingüística, mesmo antes de que a TVG nacese ou a lingua galega entrase na EXB. E tamén é a dos centos de nenas e nenos que compartiron esa experiencia. Que foi da Xeración Cantareliña?

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail