Categoría: Seccións de Revista Luzes

Proportion
Luzes7 Setembro, 2026

Dúas e dúas non son cinco

Unha cousa é estar contra o evolucionismo e outra moi diferente levar á práctica unha especie de lei de involución das especies políticas. As especies involucionistas fixéronse co poder, digamos, necropolítico en gran parte do mundo. E en contra da biopolítica.

Proportion
Luzes25 Xuño, 2026

O refuxio da vida en común

A decencia común non se refire a un modelo de sociedade, nin a unha construción social estruturada, nin a un programa alternativo ou utopía. Mais a decencia común é o que mantén activados os valores que si poden facer posíbel un mundo máis xusto. A colaboración, a axuda mutua, a honestidade.

Proportion
Luzes3 Xuño, 2026

A excepción galega, a esperanza sostíbel

Galicia está a ser unha excepción ibérica no eido político. E éo nunha dimensión decisiva neste tempo histórico do Gran Retroceso, caracterizado polo crecemento e expansión mundo adiante das forzas de extrema dereita e a hexemonía do pensamento reaccionario. 

Proportion
Luzes6 Maio, 2026

Sol Gallego-Díaz: «Que todo o mundo diga o mesmo e que un diga moitas burradas non é liberdade de prensa»

No número 141 de Luzes, publicabamos unha reportaxe, «Bulocracia Times», na que Miguel Mora entrevistaba, entre outros, a Soledad Gallego-Díaz. Reproducimos aquel texto aquí.

Proportion
Luzes29 Abril, 2026

E se todos os problemas son culturais?

Para ir ao fondo da relación entre política e cultura cómpre entender a política como moito máis que a loita partidaria e a cultura como moito máis que a axenda cultural, os premios e as efemérides. 

Proportion
Luzes30 Marzo, 2026

O xuramento da eclipse

O 12 de agosto, durante dous minutos, poderemos ver a Eclipse Solar. Galicia será un dos mellores miradoiros para este agasallo da natureza. Mais estamos a vivir outra Eclipse Total, que se vai espallando como unha época de tebras, de acelerado retroceso, e de pulsión destrutiva para a humanidade e para a natureza toda.

Proportion
Luzes4 Marzo, 2026

De Xesucristo a Carl von Clausewitz

Unha das principais diferenzas entre unha sociedade que prospera e outra en retroceso é que a sociedade avanzada é «integradora» mentres a estancada ou en declive caracterízase por unha mentalidade «expulsatoria».

Proportion
Luzes3 Febreiro, 2026

A esperanza de vida e o narcisismo tirano

Non preocupa a mortalidade dos comúns, e máis aínda se son migrantes ou indíxenas ou «subhumanos». O triunfo da cobiza neoliberal desembocou nesta época do «individuo tirano», coa ideoloxía dun narcisismo fascista. O que obsesiona a estes supremacistas endeusados é a súa saúde, a súa lonxevidade.

Proportion
Luzes5 Xaneiro, 2026

Borrar a historia, controlar o futuro

Dominar o relato do pasado é un xeito de apreixar o futuro. Un exemplo de atropelado borrado da historia témolo en Galicia, en tempo ben recente que semella que non existiu. A experiencia de Goberno de Coalición, o chamado Bipartito, entre o 2005 e o 2009, veu romper o tabú de que en Galicia nunca gobernaría a esquerda.

Proportion
Luzes1 Decembro, 2025

O pasado viril, o futuro feminista

A manosfera non é unha moda pasaxeira. Non é unha carallada efémera de Internet. Esa miríade de foros, webs e youtubeiros cavernosos, xunto coa subcultura «invisíbel» dos machochats, teñen como estupefaciente enerxético común a xenreira á muller, e en especial, á muller concienciada.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail