Categoría: Luzes-Público

Proportion
Juan Oliver. Luzes-Público13 Xaneiro, 2023

A Xunta bótalle a culpa ao Goberno do colapso das urxencias nos hospitais públicos de titularidade autonómica

As asociacións de sanitarios e pacientes consideran «impresentable» que o Executivo de Rueda eluda a súa responsabilidade cando ten todas as competencias en materia sanitaria e atribúen a situación aos recortes do PP.

Proportion
Juan Oliver. Luzes-Público12 Xaneiro, 2023

O xuíz arquiva a querela por prevaricación que abriu contra o presidente da Deputación de Ourense

O portavoz socialista, Rafael Rodríguez Villarino, denunciou a Baltar e a outros dous deputados por negarlle a compatibilidade para exercer a docencia universitaria á que legalmente tiña dereito.

Proportion
Juan Oliver11 Xaneiro, 2023

Mestres galegos advirten contra as clínicas privadas de Muface e piden aos seus colegas que opten pola sanidade pública

O Sindicato de Traballadoras do Ensino denuncia que os centros das aseguradoras privadas reduciron a súa carteira de servizos e que a mutua dos funcionarios négase a pagar pola súa atención sanitaria se acoden a hospitais públicos.

Proportion
Juan Oliver. Luzes-Público8 Xaneiro, 2023

José Monzo, o anarquista galego ao que a represión fascista converteu en náufrago

O historiador Manuel Pérez Lorenzo, cuxas investigacións xunto a Carlos Babío permitiron a recuperación de Meirás, conta a historia do seu bisavó, líder da CNT perseguido polo franquismo que se refuxiou nun illote na ría de Sada.

Proportion
Juan Oliver. Luzes-Público7 Xaneiro, 2023

Sánchez recorta distancias ao PP tres anos despois da súa investidura tras a lexislatura máis accidentada

As enquisas indican que Feijóo perdeu 400.000 votos desde agosto, fronte aos máis de 430.000 que gaña o PSOE.

Proportion
Juan Oliver. Luzes-Público5 Xaneiro, 2023

Galicia celebra sete campionatos de caza do raposo coa tempada xa terminada

As asociacións ecoloxistas esixen á Xunta que impida o que prevén será «unha matanza absoluta» ao longo deste mes. Calculan que entre 2014 e 2020 75.000 raposos foron vítimas dos cazadores.

Proportion
Juan Oliver. Luzes-Público1 Xaneiro, 2023

«Podemos é necesario en calquera proxecto que pretenda gobernar para transformar este país»

Entrevista a Borja San Ramón, que vén de ser elixido coordinador nacional de Podemos Galicia. Secretario de Organización da formación na comunidade desde 2018, ten 31 anos e é o responsable autonómico máis novo do partido.

Proportion
Juan Oliver. Luzes-Público28 Decembro, 2022

Galicia e outras catro comunidades do norte do Estado acumulan case a metade do déficit da Seguridade Social

Galicia, Asturias, Castela e León, Cantabria e Euskadi, co 18,5% da poboación, suman o 45,3% do saldo negativo entre os ingresos por cotizacións e o investimento en pensións de España

Proportion
Juan Oliver. Luzes-Público27 Decembro, 2022

O Supremo confirma a condena á Xunta por autorizar unha macrogranxa de Coren sen avaliar o risco para a saúde e o medio ambiente

O Goberno galego permitiu duplicar a capacidade dunha macrogranxa de pitos cunha nave situada a escasos metros dunha vivenda a cuxos propietarios non deixou comparecer como afectados.

Proportion
Juan Oliver. Luzes-Público21 Decembro, 2022

Unha bebé cunha doenza ultrarrara leva dez meses á espera dunha proba no hospital de Santiago

A nena, de quince meses de idade e que padece SCADD e unha mutación do xene trío, necesita unha resonancia magnética pola que espera desde o pasado mes de febreiro no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail