Na baía de Bengala o silencio ten conquistado as palabras. A Rohima dálle medo escoitar o silencio. Por iso pasa as noites debuxando un mar que se parece a este que esmorece diante da súa casa. Mais o mar de Rohima non cuspe corpos espumosos. O mar de Rohima trae caixas cheas de xarda e de atún. A Hussein e a Saddik gústalles o mar que debuxa súa nai. «Por iso imos subir a ese barco. Para chegar a Malaisia». Alí é onde Rohima pintou o seu mar. Mais o que Rohima aínda non sabe é que os rohingyas, os musulmás que viven na ditadura budista de Birmania, teñen prohibidos os soños.
Hai moito tempo que custa entender as resolucións xudiciais relacionadas con Cataluña. Aínda máis se analizamos as últimas, as relacionadas ...
Ricard Arís25 Xaneiro, 2021
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ó usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio, asumiremos que está de acordo.Estou de acordoLer máis