Categoría: Raimundo Viejo Viñas

Proportion
Raimundo Viejo17 Setembro, 2025

Que pasa con Junts?

Junts fechou filas co PP e Vox e votou en contra de reducir media hora a xornada laboral. O argumento esgrimido non tiña un pase, pero amosaba ben que Junts hoxe non é máis que un conglomerado de figuras individuais ligadas por unha ideoloxía neoliberal.

Proportion
Raimundo Viejo2 Setembro, 2025

Gobernar sen orzamentos?

O PP saca da chisteira outra medida estrela: de non haber orzamentos dous anos seguidos iríase a eleccións de xeito automático. Buscan botar a Sánchez a calquera prezo, mesmo modificando o marco institucional. Estamos ante unha dereita que ve o poder como propio e que pensa que se goberna a esquerda é por unha ilexítima casualidade (a moción de censura).

Proportion
Raimundo Viejo23 Agosto, 2025

Pirómanos e incendiarios

O que provoca os incendios é un modelo económico que non protexe o territorio da acción humana. Por unha banda, temos unha lexislación para a que queimar o monte é un negocio. Pola outra, desatender as partidas orzamentarias dedicadas á prevención é un elemento fundamental das políticas do PP.

Proportion
Raimundo Viejo5 Agosto, 2025

A dereita ás portas

Sánchez vive no universo imaxinario Biden-Harris, un mundo no que aínda existe a alternancia bipartidista dentro dun mesmo paradigma neoliberal. Se quere pasar á historia coma outra cousa que o presidente do caso Koldo-Ábalos-Cerdán, máis lle vale que vire á esquerda a non máis tardar.

Proportion
Raimundo Viejo24 Xullo, 2025

Cleptocracia e corrupción

Mentres o ministro socialista deixa en evidencia un tipo de subcultura corrupta, caracterizada polo comisionista puteiro que confía a trama a un «asesor» porteiro de discoteca e a un fontaneiro de partido, o ministro popular descóbrenos un sofisticado tinglado lexislativo, integrado por altos cadros técnicos ministeriais, portas xiratorias e inmensos beneficios.

Proportion
Raimundo Viejo9 Xullo, 2025

Corrupción e límite do perfeccionismo moral

Os socialistas entenderon ben isto ao sinalar que a cousa é que se fai coa corrupción, non como se impide. Mais isto non abonda. Agora arriscan no Congreso con medidas insuficientes. No entanto, Sumar debería facer as cousas doutro xeito. Para comezar, respectando o pactado coa cidadanía.

Proportion
Raimundo Viejo25 Xuño, 2025

A esquerda extática

A esquerda vive abraiada mentres non para de recibir os golpes de Trump. Tal e como van as cousas, a esquerda, e sobre todo a «esquerda máis á esquerda», é xa un suxeito en vías de extinción. Por máis que tenta actualizar o seu ideario, o certo é que vai aumentando distancia coa realidade; coa axenda da nova ultradereita.

Proportion
Raimundo Viejo12 Xuño, 2025

Trump e a multitude

Que solución vai ter para o futuro o actual goberno dos Estados Unidos? A de Trump é unha carreira sen saída democrática. Só pode ter un destino: algunha modalidade de goberno autoritario froito da degradación democrática.

Proportion
Raimundo Viejo29 Maio, 2025

Zona Psicodelicamente Autónoma: o papel do espazo-tempo na estratexia antagonista dos movementos

Xa non se trata só de prescindir das determinacións do poder soberano, nin tampouco se trata tan só de xerar temporalmente as condicións dun discurso liberador. Trátase de morar durante un tempo, cada vez maior, a propia liberdade.

Proportion
Raimundo Viejo12 Maio, 2025

A claudicación

O reformismo de esquerda está nun modo contemplativo: nega toda acción fóra das marxes e conta con que cambiará a tendencia. Vai moito máis frío fóra das institucións que ao abeiro do PSOE.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail