Categoría: Juan Oliver

Proportion
Juan Oliver. Luzes-Público8 Novembro, 2022

A TVG camufla nunha noticia de 35 segundos a marcha contra a manipulación nos medios públicos

A información sobre a multitudinaria marcha en Santiago contra o uso partidista da CRTVG a favor do PP emitiuse sen declaracións nunha cola ao final do informativo de mediodía e apenas ocupou 20 segundos no da Radio Galega.

Proportion
Juan Oliver. Luzes-Público7 Novembro, 2022

Indíxenas de Colombia reclaman a Naturgy unha reparación pola vertedura tóxica de Unión Fenosa que acabou co río Anchicayá

A empresa galega fundada polo franquista Barrié, adquirida pola catalá en 2009, verteu en 2001 500.000 metros cúbicos de lodos putrefactos acabando cos ecosistemas da zona e co modo de vida de miles de descendentes de escravos africanos.

Proportion
Juan Oliver. Luzes-Público5 Novembro, 2022

PP e PSOE únense en Sada para botar ao alcalde que promoveu a recuperación do Pazo de Meirás

As direccións de ambos os partidos aseguran que non apoian a moción de censura contra Benito Portela e anuncian medidas ...

Proportion
Juan Oliver. Luzes-Público2 Novembro, 2022

Que foi dos señor dos «hilitos» e de quen mandaron o «Prestige» ao quinto pino?

Aznar, Fraga e Rajoy a Cuíña, López Veiga e Francisco Vázquez, os políticos que lideraron a xestión da crise do Prestige e da marea negra que provocou o seu naufraxio correron unha sorte diversa.

Proportion
Juan Oliver. Luzes-Público2 Novembro, 2022

O Supremo tomba a orde coa que a Xunta negou axudas covid ás pequenas granxas de vacún

O Sindicato Labrego Galego acusa o Goberno autonómico de fomentar e privilexiar a industrialización da gandería en favor das empresas propietarias de macrogranxas industriais.

Proportion
Juan Oliver. Luzes-Público1 Novembro, 2022

España segue entre as grandes economías europeas con menor presión fiscal

Impostos, taxas e cotizacións sociais representan segundo Eurostat un 39% do produto interior bruto, é dicir 2,7 puntos menos que a media da UE e a distancia de Francia (47,5%), de Italia (43,6%) e Alemaña (42%).

Proportion
Juan Oliver. Luzes-Público1 Novembro, 2022

Os traballadores da CRTVG denuncian represalias por apoiar a manifestación contra a manipulación

O comité de empresa alerta de que a dirección «sinalou» a varios deles acusándoos de vulnerar a liberdade sindical por ...

Proportion
Juan Oliver. Luzes-Público27 Outubro, 2022

Traballadoras e usuarias da residencia coruñesa do grupo de Florentino Pérez maniféstanse contra as carencias do centro

Aseguran que a falta de médicas e enfermeiros, que provocou en 2019 que unha anciá agonizase durante oito horas sen asisencia, é habitual e pon en perigo a saúde e a vida dos residentes.

Proportion
Juan Oliver. Luzes-Público27 Outubro, 2022

A Xunta suma dúas décadas de incumprimento da normativa europea de espazos protexidos

Galicia é a comunidade española con menos territorio Rede Natura e a Comisión Europea advirte que nin sequera eses espazos contan con instrumentos adecuados de protección.

Proportion
Juan Oliver. Luzes-Público26 Outubro, 2022

Sardiñas en lata de menú na residencia do grupo de Florentino Pérez na que morreu unha anciá sen atención médica

As traballadoras do centro Concepción Arenal da Coruña, xestionada por Clece, denuncian a falta de recursos tres anos despois da morte da muller, afogada no seu propio vómito unha noite na que non había nin médicas nin enfermeiros.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail