Categoría: Juan Oliver

Proportion
Juan Oliver. Luzes-Público21 Xaneiro, 2023

240 días para unha ecografía de mama e 139 para operar a un neno: así deixou Feijóo as listas de espera da sanidade pública galega

Máis de 58.000 persoas levaban máis de tres meses esperando en Galicia por unha consulta, unha proba diagnóstica ou unha intervención cirúrxica cando o presidente do PP deixou a Xunta o ano pasado.

Proportion
Juan Oliver. Luzes-Público20 Xaneiro, 2023

Condenan ao Ministerio de Transportes por acosar a unha traballadora da empresa pública de navegación aérea en Santiago

A Confederación Intersindical Galega (CIG) asegura que entre as presións ás que Enaire someteu ás súas delegadas figuran negarlles información sobre protocolos covid porque as mensaxes nos que a pedían estaban escritos en galego.

Proportion
Juan Oliver. Luzes-Público19 Xaneiro, 2023

Mariscadores de Arousa denuncian que o baleirado de encoros polas choivas acaba cos bancos de ameixas e ostras

Acusan á Xunta de non impedir que as eléctricas desauguen as presas para incrementar a súa produción de enerxía, o que diminúe o nivel de salinidade na ría e provoca a mortaldade masiva de bivalvos.

Proportion
Juan Oliver. Luzes-Público18 Xaneiro, 2023

Madrid e Castela e León, onde máis crece a natalidade a pesar dos agoiros que vinculan aborto e crise demográfica

Foron, xunto co País Valencià, as únicas comunidades autómonas onde aumentaron os nacementos entre xaneiro e novembro do ano pasado, segundo os datos que publica este mércores o Instituto Nacional de Estatística.

Proportion
Juan Oliver. Luzes-Público18 Xaneiro, 2023

A Xunta destinou aos medios en castelán dez veces máis axudas que aos que publican en galego

«La Voz de Galicia» levou o ano pasado 894.000 euros, o 45% dos subsidios á prensa convencional e 4,5 veces máis do que recibiron todas as publicacións periódicas en galego con dereito a subvención.

Proportion
Juan Oliver. Luzes-Público16 Xaneiro, 2023

A Xunta denegou aos agricultores ecolóxicos de Galicia máis da metade das axudas da UE que solicitaron

En 2030, o 25% da superficie agraria útil da UE terá que ser ecolóxica. En Andalucía xa o é o 20%. En Galicia, só o 5%. En Castela e León, as subvencións á agricultura ecolóxica subiron un 70%.

Proportion
Juan Oliver. Luzes-Público13 Xaneiro, 2023

A Xunta bótalle a culpa ao Goberno do colapso das urxencias nos hospitais públicos de titularidade autonómica

As asociacións de sanitarios e pacientes consideran «impresentable» que o Executivo de Rueda eluda a súa responsabilidade cando ten todas as competencias en materia sanitaria e atribúen a situación aos recortes do PP.

Proportion
Juan Oliver. Luzes-Público12 Xaneiro, 2023

O xuíz arquiva a querela por prevaricación que abriu contra o presidente da Deputación de Ourense

O portavoz socialista, Rafael Rodríguez Villarino, denunciou a Baltar e a outros dous deputados por negarlle a compatibilidade para exercer a docencia universitaria á que legalmente tiña dereito.

Proportion
Juan Oliver11 Xaneiro, 2023

Mestres galegos advirten contra as clínicas privadas de Muface e piden aos seus colegas que opten pola sanidade pública

O Sindicato de Traballadoras do Ensino denuncia que os centros das aseguradoras privadas reduciron a súa carteira de servizos e que a mutua dos funcionarios négase a pagar pola súa atención sanitaria se acoden a hospitais públicos.

Proportion
Juan Oliver e Luís Pardo9 Xaneiro, 2023

Cloacas, a peste do xornalismo

A historia recente de Galicia contén sobrados exemplos da conivencia de medios públicos e privados co poder político, económico e xudicial para deseñar campañas informativas destinadas a destruír os rivais.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail