Categoría: Estíbaliz Espinosa

Proportion
Estibaliz Espinosa30 Xaneiro, 2026

María Lionza e Antonio Pacheco han baixar cargados de flores

Venezuela é América. Parte de. Ningún país só é América. A metonimia é ignorante. A metonimia quere converter Venezuela en useña, como dicía Mercedes Borges. Un goberno monicreque para deixar meter man aos ricos recursos naturais.

Proportion
Estibaliz Espinosa12 Xaneiro, 2026

Remontarás ríos de tinta

O salmón non remonta en solitario. Para teimar en ser un Nós, ás veces insistimos en adobiar a Castelao cun Eu que lle pega pouco. Con ese culto posmoderno e reseso ao Eu autorial que pasa por riba dos colectivos, é doado esquecer que el -non nacendo na miseria- tivo sempre voz para dárllela a quen non a tiñan.

Proportion
Estibaliz Espinosa4 Xaneiro, 2026

Informe sobre un cúmulo estelar chamado Curiosidade (ou notas á marxe de 2015)

A curiosidade non é un recurso de xestión cultural nin un gadget da sociedade do rendemento, senón a dialéctica entre o que medimos e o que presentimos. O recoñecemento de que o asombro e o pensar crítico é matriz onde florecen metáfora e empatía. Que a constante de Planck mide tamén a luz no interior da nosa mente literaria.

Proportion
Estibaliz Espinosa31 Decembro, 2025

Fillos dunha estrela soa

No noso arrabalde, a Vía Láctea, predominan as estrelas solitarias, como o noso Sol. Aquí, o mundo semella deseñado para o «pack», para a parella que se reparte a culpa de que o neno non coma brócoli. Os erros do sistema nun Estado de Benestar limitado a unhas poucas fórmulas familiares poden traducirse en risco de pobreza.

Proportion
Estibaliz Espinosa22 Decembro, 2025

O oso encerrado na cova

Medicalizamos a tristeza. Tapamos fendas estruturais con Diazepam. En Galiza, moitas avoas e moitos traballadores do mar ou do téxtil, moito profesorado e moito traballador da propia sanidade levan anos anestesiando a alma porque ninguén lles asegurou que tiñan dereito a sentir a dor sen avergoñarse

Proportion
Estibaliz Espinosa14 Decembro, 2025

A laranxa cuántica

Unha apoloxía do felino como a única entidade capaz de colapsar a función de onda mentres lambe unha pata. E se a materia escura fose como a indiferenza dun gato negro nun cuarto sen luz?

Proportion
Estibaliz Espinosa14 Decembro, 2025

A ceo aberto, dando voces

Ver as estrelas é un dereito, un dereito que se propuxo como o número 18 dos obxectivos Axenda de Desenvolvemento Sostíbel 2030 (ODS) de Nacións Unidas. Somos a primeira xeración de homínidos que, entendendo o que é fisicamente unha galaxia, deixa de ver a súa propia no ceo nocturno.

Proportion
Estibaliz Espinosa3 Decembro, 2025

Coidar no ocre da luz

A segunda cousa máis difícil que fixen na vida foi coidar de mamá cando outros comezaban a chamarme mamá.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail