Categoría: Antía Yáñez

Proportion
Antía Yáñez30 Decembro, 2025

A memoria

No antídoto contra o esquecemento que é a memoria está o propio veleno: realmente quero o pasado para a miña filla? Ás veces penso que o mundo o moldeamos nós, como facía a avoa coa zorza ou o pan, e outras creo que o mundo cambia máis rápido do que o facemos as persoas. Que é ese mundo o que nos conforma, e non teño claro que estamos dispostas a asasinar dentro de nós mesmas para seguir pertencendo a el.

Proportion
Antía Yáñez10 Outubro, 2025

Quen poida facer, que faga

Os problemas de saúde mental na adolescencia aumentan de forma alarmante. Os homes morren máis por suicidio, aínda que as mulleres temos peor saúde mental segundo todas as enquisas. España é líder en consumo de ansiolíticos ou somníferos porque as listas de espera fan que medicar sexa a única vía accesible para algúns. A maior parte das causas que provocan problemas de saúde mental teñen que ver con factores sociais.

Proportion
Antía Yáñez1 Agosto, 2025

Titulite

Din da miña xeración que é a mellor preparada da historia. Estou farta de escoitalo, sobre todo cando penso que mellor sería saber arranxar a cisterna ou facer unha instalación eléctrica, porque así aforraba os cartos para pagar o alugueiro, que o soldo non dá para moito máis. Se algo se volve accesible é un pecado non telo.

Proportion
Antía Yáñez23 Marzo, 2025

O odio

Entendo que o asasino, José Bretón, queira seguir falando: porque as formas de facerlle dano á nai das criaturas continúan a estar dispoñibles para el.

Proportion
Antía Yáñez5 Marzo, 2025

As miudanzas que nos alimentan

A MICE cumpre 20 anos de compromiso co cinema etnográfico e a antropoloxía audiovisual; un festival único no seu xénero en toda Galicia e un dos poucos a nivel estatal. E, a pesar diso, ten que facerse espazo a cotobeladas co resto de eventos cinematográficos da época.

Proportion
Antía Yáñez3 Febreiro, 2025

Antes morta que atendida

María Isabel afastouse dos focos en 2021 por problemas de saúde mental. Cando a xente famosa fai este tipo de afirmacións non podo evitar pensar na sorte que teñen. Como a tiven eu, porque meus pais, cando o necesitei, tiñan cartos abondos para pagarme a terapia.

Proportion
Antía Yáñez20 Xaneiro, 2025

Eu sei por que cantamos

Non entendo que, no canto de deitar a ollada sobre por que as mulleres non denunciamos, o fagamos en que cando conseguimos falar en ámbitos que non son as comisarías ou os xulgados, entón estamos linchando os homes.

Proportion
Antía Yáñez23 Decembro, 2024

O Osa do Mar, un festival da xente

Van xa dez anos desde que a praia da Marosa, en Burela, acolleu por primeira vez esta cita cultural, o festival Osa do Mar, que roxe con paixón dende a «periferia da periferia».

Proportion
Antía Yáñez9 Decembro, 2024

Matemáticas e xénero

A semana pasada os medios fixéronse eco dos resultados do TIMSS 2023, que é como o PISA de Primaria. Non levei sorpresa coas diferenzas de xénero. Os datos están aí, pero a pregunta é por que pasa isto. Mellor dito: a pregunta é por que tan pouca xente se fai esta pregunta.

Proportion
Antía Yáñez25 Novembro, 2024

Elas

Hoxe é 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Hoxe, unha rapaza de 15 anos (nome descoñecido) foi asasinada pola súa exparella de 17 por, precisamente, decidir romper a relación (vítima aínda non oficial). Son 42, pero non son só números.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail