Categoría: Alexandre Mato

Proportion
Alexandre Mato26 Novembro, 2025

A capitulación europea

Se os 27 e Bruxelas non son quen sequera de impor a súa voz nos seus propios asuntos, isto é, na pertenza futura de Ucraína ao club comunitario, quedaranos unha UE sometida aos Estados Unidos. Subordinación atlantista á que o mercado único de Delors, Maastricht e o euro viñan poñer fin.

Proportion
Alexandre Mato5 Novembro, 2025

Un raio de esperanza ou as nubes de Ruisdael?

O triunfo nos Países Baixos dun candidato liberal europeísta provocou a primeira derrota de importancia da extrema dereita recentemente en Europa, aínda que cun resultado axustado. A Geert Wilders, o osixenado líder islamófobo, saíulle mal a aposta de derrubar o goberno de coalición que lideraba o seu partido para forzar novos comicios dos que saír con maior forza parlamentaria.

Proportion
Alexandre Mato8 Outubro, 2025

Políticos para un tempo prohibido

Coma se fose un ente de intelixencia artificial coordinado, a extrema dereita leva tempo colocando os seus peóns sen retroceder nas prazas conquistadas. Semella un avance lento pero inexorable para gañar a partida, ante o que vemos a parálise ou incapacidade da clase política europea.

Proportion
Alexandre Mato24 Setembro, 2025

O xenocidio de Gaza quebra a Unión Europea

No mesmo barco que a ultra italiana Giorgia Meloni navega Alberto Núñez Feijóo, preso desa concepción entre os líderes da dereita europea pola cal consideran Israel como un faro en Oriente que libra en favor das democracias occidentais a guerra fronteiriza contra réximes musulmáns vistos como bárbaros

Proportion
Alexandre Mato9 Abril, 2025

A criminalización das ONGs

Un informe dos auditores europeos denuncia opacidade no financiamento das ONGs. A ofensiva dos ultras aumentou, agora con munición das institucións. De fondo, hai un desprezo patolóxico ao seu traballo: a extrema dereita e parte da dereita consideran que o labor caritativo pertence á Igrexa católica.

Proportion
Alexandre Mato26 Marzo, 2025

Os problemas medioambientais galegos amoréanse en Bruxelas

A Comisión Europea aínda non se pronunciou sobre Altri, pero semella ser consciente do impacto negativo das verteduras de auga en especies de vital importancia marisqueira. E isto sería unha novidade aínda non pública nin oficial porque suporía a intervención de Bruxelas.

Proportion
Alexandre Mato12 Marzo, 2025

Europa péchase nun castelo armado e cheo de xenofobia

O plan da Comisión Europea para crear centros de deportación e detención en países fóra da UE é un dos protagonistas da semana. Bruxelas lava as mans do que poida acontecer neses cárceres. Aseguran que as condicións dependerán do pactado entre ese país europeo e o non europeo

Proportion
Alexandre Mato19 Febreiro, 2025

Europa fica soa nun vello mundo que esmorece

A decisión de Trump de impor conversas de paz sobre a guerra en Ucraína, nas que Rusia obtén de inicio parte das reivindicacións, Kiív é mero espectador e a UE non senta na mesa, confirman a impresión dunha orde mundial que se esvae.

Proportion
Alexandre Mato5 Febreiro, 2025

A ultradereita pon unha pica en Flandres (e en Bélxica)

Coma pezas de dominó, os gobernos europeos van caendo nos últimos anos en mans da extrema dereita, de dereita radical ou de partidos euroescépticos profundamente conservadores. Hai varios fenómenos que axudaron a derrubar o dique de contención.

Proportion
Alexandre Mato22 Xaneiro, 2025

Burócratas en piloto automático fronte a bárbaros soberanistas

En Bruxelas están cumprindo coas directrices pautadas na UE ante o novo goberno de Trump: nada de enfrontamentos dialécticos nin políticos. Nin sequera o saúdo pseudo-nazi de Musk fixo que se saísen dese guión. «Cabeza fría», dixo Teresa Ribera.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail