Autor: Raimundo Viejo

Proportion
Raimundo Viejo28 Outubro, 2025

Que queda do código ético?

Son moitos os cargos electos da mal chamada «nova política» que repiten. Hai dous anos que caducou o duplo mandato e aí seguen quen xa sabemos, na procura dun novo mandato. Curiosamente (ou non tanto), sen establecer o vencello entre a sua perpetuación nas listas e a perda constante de votos.

Proportion
Raimundo Viejo15 Outubro, 2025

Vivenda, inimigo electoral

O goberno debería tomar a iniciativa e considerar en serio a reforma da lei de vivenda. A vivenda como rendemento inmobiliario non é de recibo cando despraza moita xente ao límite da pobreza. É moito o que se xoga o PSOE, e máis aínda Sumar, nas próximas eleccións.

Proportion
Raimundo Viejo1 Outubro, 2025

Que tempo de traballo?

Nun exercicio de impotencia burocrática, os sindicatos sairon á rúa. Afirman, como ferramenta do movemento obreiro histórico que son, que non pensan renunciar e aplauden a teimosía de Yolanda. Toda unha metáfora que resume ben o que foi a historia do movemento obreiro desde os Pactos da Moncloa

Proportion
Raimundo Viejo17 Setembro, 2025

Que pasa con Junts?

Junts fechou filas co PP e Vox e votou en contra de reducir media hora a xornada laboral. O argumento esgrimido non tiña un pase, pero amosaba ben que Junts hoxe non é máis que un conglomerado de figuras individuais ligadas por unha ideoloxía neoliberal.

Proportion
Raimundo Viejo2 Setembro, 2025

Gobernar sen orzamentos?

O PP saca da chisteira outra medida estrela: de non haber orzamentos dous anos seguidos iríase a eleccións de xeito automático. Buscan botar a Sánchez a calquera prezo, mesmo modificando o marco institucional. Estamos ante unha dereita que ve o poder como propio e que pensa que se goberna a esquerda é por unha ilexítima casualidade (a moción de censura).

Proportion
Raimundo Viejo23 Agosto, 2025

Pirómanos e incendiarios

O que provoca os incendios é un modelo económico que non protexe o territorio da acción humana. Por unha banda, temos unha lexislación para a que queimar o monte é un negocio. Pola outra, desatender as partidas orzamentarias dedicadas á prevención é un elemento fundamental das políticas do PP.

Proportion
Raimundo Viejo5 Agosto, 2025

A dereita ás portas

Sánchez vive no universo imaxinario Biden-Harris, un mundo no que aínda existe a alternancia bipartidista dentro dun mesmo paradigma neoliberal. Se quere pasar á historia coma outra cousa que o presidente do caso Koldo-Ábalos-Cerdán, máis lle vale que vire á esquerda a non máis tardar.

Proportion
Raimundo Viejo24 Xullo, 2025

Cleptocracia e corrupción

Mentres o ministro socialista deixa en evidencia un tipo de subcultura corrupta, caracterizada polo comisionista puteiro que confía a trama a un «asesor» porteiro de discoteca e a un fontaneiro de partido, o ministro popular descóbrenos un sofisticado tinglado lexislativo, integrado por altos cadros técnicos ministeriais, portas xiratorias e inmensos beneficios.

Proportion
Raimundo Viejo9 Xullo, 2025

Corrupción e límite do perfeccionismo moral

Os socialistas entenderon ben isto ao sinalar que a cousa é que se fai coa corrupción, non como se impide. Mais isto non abonda. Agora arriscan no Congreso con medidas insuficientes. No entanto, Sumar debería facer as cousas doutro xeito. Para comezar, respectando o pactado coa cidadanía.

Proportion
Raimundo Viejo25 Xuño, 2025

A esquerda extática

A esquerda vive abraiada mentres non para de recibir os golpes de Trump. Tal e como van as cousas, a esquerda, e sobre todo a «esquerda máis á esquerda», é xa un suxeito en vías de extinción. Por máis que tenta actualizar o seu ideario, o certo é que vai aumentando distancia coa realidade; coa axenda da nova ultradereita.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail