Autor: Mara Mahía

Proportion
Mara Mahía31 Decembro, 2024

As uvas da ira

Ocórreseme que este fin de ano vou papar as uvas da ira. Vou tragar unha ducia das miñas furias para comezar outra volta o Sol, libre de rabia e cun parabrisas limpo.

Proportion
Mara Mahía20 Decembro, 2024

A miña heroe-heroína

Os heroes dos contos eran sempre homes que rescataban princesas ou salvaban un reino. Un despropósito o da educación patriarcal. Investín moito tempo en convencer a miña nai e algún irmán de que as mulleres estaban feitas do mesmo calibre que calquera Superman.

Proportion
Mara Mahía9 Decembro, 2024

UnitedHell

As balas que mataron a Brian Thompson, CEO da aseguradora de saúde UnitedHealth, levaban escritas as palabras Delay, Deny e Depose (demorar, rexeitar e depoñer). Esas empresas matan moitísima xente ao non ofrecer tratamentos que non lle saen a conta, pero a policía non move un dedo.

Proportion
Mara Mahía27 Novembro, 2024

Os ignorantes

Teño 56 anos e dáme vergoña dicir que falo o inglés mellor ca o galego. Ese desequilibrio non me fixo máis feliz, senón máis ignorante. Levo os últimos anos aprendendo e intentando escribir nunha lingua que me roubaron.

Proportion
Mara Mahía22 Novembro, 2024

Bananas

Venderon un plátano por 6 millóns. Supérame o absurdo deste mundo. En Mazón non podo nin pensar e, desde as eleccións nos Estados Unidos, Israel dáme máis medo ca nunca. Hai tamén quen «vai bananas» porque non entende o que está a facer Cristina Fallarás.

Proportion
Mara Mahía8 Novembro, 2024

Leila Guerriero ou unha lección de xornalismo

O conto non é só o sen sentido das torturas e a brutalidade dos militares. É tamén a historia do pensamento tendencioso da esquerda montonera. É a historia dunha muller que viviu nun mundo violento e patriarcal dende moi cedo e que logo, no exilio, a fixo sentir coma unha leprosa.

Proportion
Mara Mahía5 Novembro, 2024

Modus vivendi

A actitude dos políticos peperos e voxeros de desmantelar o que fixo o goberno pasado xa non é unha broma ou un despropósito. Agora converteuse nun crime.

Proportion
Mara Mahía29 Outubro, 2024

Acoso versus pedofilia

Grazas a algo moi parecido a un linchamento, todo o país coñece o caso de acoso e as prácticas sexuais de Errejón, pero quen sabe os nomes dos empresarios pederastas de Murcia culpables de violación de menores?

Proportion
Mara Mahía24 Outubro, 2024

O sentido común

No xuízo dos asasinos de Samuel Luiz hai moitas cousas que non teñen sentido. Paradoxalmente, é probable que fora o sentido común o que conxelou as testemuñas, sen chamar a policía. O quid dun sentido común san é que estea gobernado por uns principios de vida xustos.

Proportion
Mara Mahía17 Outubro, 2024

Matar o home do tempo

Nas escolas de Florida está prohibido falar de «climate change» e «global warming». Dende o Milton, os meteorólogos están no punto de mira dos rifles e da chaladura negacionista dos republicanos. Media ducia deles recibiron ameazas de morte.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail