Autor: Mara Mahía

Proportion
Mara Mahía4 Novembro, 2025

Cousas das que quería escribir

Dende que foi declarado presidente dos EE.UU., Trump fixo tantas cousas ilegais que os xuíces non dan feito. Nas próximas eleccións da alcaldía de Nova York seguramente gañará o candidato socialista demócrata musulmán Mamdani. Este home é coma un oasis nesta ditadura. Espero que teña moita forza e paciencia porque Trump non o vai deixar respirar.

Proportion
Mara Mahía15 Xullo, 2025

Onde é Torre Pacheco?

Torre Pacheco está no empresario que deixou tirado na porta de urxencias un emigrante calcinado baixo a calor do plástico dun invernadoiro. Está no home que abusaba sexualmente das súas compatriotas a cambio de facilitarlles traballo no campo.

Proportion
Mara Mahía10 Xullo, 2025

A conxura dos imbéciles

Hai moitas formas de loitar contra o fascismo, e algunhas non podo escribilas aquí, pero ocórreseme que poderiamos comezar con educar a xente. Para iso non está de máis comezar a facer propaganda e anuncios, o mesmo que fan eles. Tamén os negocios privados.

Proportion
Mara Mahía2 Xullo, 2025

Superheroes

Non se pode tirar a toalla porque catro desvergoñados socialistas machistas anden enredados en corrupción. Xa xabemos que habelas hailas, mais tamén estamos nós. Os heroes en bata que cada día facemos o que temos que facer, que non odiamos os emigrantes porque sempre temos presente a nosa historia, o noso pasado.

Proportion
Mara Mahía5 Xuño, 2025

Hotel Reverie

Hai tempo que deixei de ver a serie Black Mirror. Non porque non me encante, senón porque as historias se volveron distopías tan reais que me era imposible tragalas, pero esta última tempada foi diferente. A metade de episodios van de amor.

Proportion
Mara Mahía18 Maio, 2025

A nova escalada de Deutschland

A administración non deixou que a manifestación da Nakba fose en Neukölln, un barrio onde reside a maior concentración de palestinos en Europa. Finalmente foi en Südstern e o que pasou alí foi un tremendo caso de abuso e violencia policial. A Polizei converteu unha mani pacífica nunha batalla campal.

Proportion
Mara Mahía25 Abril, 2025

A miña veciña trans

Hai unhas semanas, o Tribunal Supremo británico definiu o que é ser muller. Ser unha muller ou un home decente implica moito máis que ter cona ou pene, pero cando a sociedade fundamentalista que defende unha cultura tradicional e inamovible ten medo de que lle movan as pezas, saca leis e prohibicións da manga.

Proportion
Mara Mahía25 Marzo, 2025

O libro

O verdadeiro problema non é que Anagrama publique esta obra, senón a enorme audiencia que terá. Xa sexan de ficción ou non-ficción (aínda que estas últimas venden máis), estamos seducidos polas historias aberrantes, polos asasinos en serie e polas desgrazas alleas.

Proportion
Mara Mahía7 Marzo, 2025

A insoportable escravitude de ser muller

Vestiamos como visten as mulleres tradicionais heterosexuais, sempre con faldras, maquillaxe, tacóns e o pelo longuísimo. A sociedade provinciana berce do ditador anano instruíanos nun papel de «mulleres» que tiñan que ser dóciles e levar roupa pouco apta para rubir polas árbores. O día no que me decatei de que a miña identidade de muller non tiña que cumprir ningún deses requisitos volvín nacer

Proportion
Mara Mahía21 Febreiro, 2025

Noticia bomba

O de Trump ou o do AfD alemán trátase de montar boureo: crear mensaxe, diga o que diga esa mensaxe. Canto menos sentido teñen as súas palabras, máis atención conseguen. E logo que veña The New York Times a desmentir o que xa quedou cravado nas mentes da cidadanía.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail