Autor: @todomalva

Proportion
@todomalva13 Febreiro, 2025

A obediencia anticipada

Atacan os dereitos das persoas trans e calan. Atacan o acceso libre e seguro ao aborto e calan. Atacan a liberdade de expresión coa escusa de limitar as protestas daqueles que loitan por unha Palestina libre e calan. Calan, calan, calan.

Proportion
@todomalva30 Xaneiro, 2025

Se non che gusta, non mires

As razóns polas que deixei de publicar en TikTok son moitas, pero a principal é que estaba farta de sentir que a xente non se daba conta de que eu era un ser humano. Moitas das persoas que te ven desde a pantalla do seu teléfono non van ser capaces de estender a súa empatía cara a ti.

Proportion
@todomalva9 Xaneiro, 2025

Retrospectiva (incompleta) das mellores sensacións dun ano dunha vida lenta

Ver a Lotte lendo na casa dos meus pais (Lotte precisaba descansar). Volver a escribir (custoume). Cando mamá lle dixo a Aaron que era o seu xenro preferido (é o seu único xenro). (Foi despois de que el lle fixera bolognesa). Sentir o paso do tempo (estou viva).

Proportion
@todomalva19 Decembro, 2024

«Her-mo-sa!»

Algunhas imos estar gordas para sempre. Teño hipotiroidismo, moi pouca présa por facer da estética do meu corpo unha prioridade, e a inmensa sorte de ter un cerebro que non parece ter predisposición para trastornos alimentarios. Pero é que non sei como comunicarlle ao mundo que pare de insistir.

Proportion
@todomalva5 Decembro, 2024

O meu río, a súa ría

Cando fixen un TikTok explicando, entre bágoas, o proxecto de Altri na Ulloa, recibín moitos comentarios de homes que me dicían que non era para tanto. Se cadra é que non pertencen a ningures e non comprenden o temor de que o teu fogar desapareza entre o cheiro da celulosa e a auga residual quentada polas máquinas.

Proportion
@todomalva21 Febreiro, 2024

Que fago eu?

A miña vida segue mentes milleiros de persoas son asasinadas a sangue fría polo crime de vivir na súa terra. Vexo crianzas desmembradas seguidas de tuits sobre OT.

Proportion
@todomalva23 Outubro, 2023

Os homes cos que non podemos contar

Non pode ser que as nosas nenas sexan a última liña de defensa contra a violencia patriarcal. Non podemos perder máis mulleres e nenas desta forma. Non pode ser que nos estanquemos neste círculo de homes pechando os ollos cara a violencia doutros homes.

Proportion
@todomalva6 Outubro, 2023

A botella de Dr Pepper baleira no portavasos do meu coche

Un dos inconvenientes da incrible oportunidade de vivir en moitas partes son os anacos de ti que vas deixando con persoas ás que nunca máis vas poder ver todos os días.

Proportion
@todomalva21 Setembro, 2023

Medra o clube das adolescencias roubadas

Non é normal que haxa un xénero musical enteiro de mulleres mirando a romances pasados con homes máis vellos. Non é normal que medre este clube de adolescencias roubadas.

Proportion
@todomalva6 Setembro, 2023

As crianzas do Postman’s Park

«Pero non é certo que moitas veces o humano se sacrifica polos demais sen ter tempo a meditar se se vai sentir mal despois? Faino e punto. Porque é o que ten que facer».

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail