Autor: Malva&Duarte

Proportion
Malva&Duarte11 Maio, 2026

A lenda do mozo de 19 anos de Neda, con Chutenmeme

Esta semana, únese a Malva e Duarte como convidado o ilustrísimo alcalde de Youtubeiras Chutenmeme, para falarnos da lenda do mozo de 19 anos de Leda que loitou por cubrir un servizo público na zona de Ferrolterra.

Proportion
Malva&Duarte28 Abril, 2026

Costumes, simps e vodas

Esta semana, Malva e o futuro Lord Duarte xúntanse para falar de tradicións, o significado da palabra “simp” e chorar nas vodas.

Proportion
Malva&Duarte20 Abril, 2026

Sealand

Esta semana Malva leva a Duarte da man por un camiño cheo de subidas e baixadas, intriga e dereito internacional, todo para culminar nunha nova era do podcast na que Duarte… se transforma.

Proportion
Malva&Duarte6 Abril, 2026

O galego mal falado e poñer os cornos, con Antontisim0

Esta semana, Antón tómalle o relevo a o Duarte opositor para vir a ter unha conversa de tanxentes sobre os temas máis candentes: é o galego que non se fala o único mal falado? E por que son os cornos literalmente a peor cousa que podes facer dentro dunha relación?

Proportion
Malva&Duarte31 Marzo, 2026

Os lobos de Yellowstone

Neste episodio, Malva explícalle a Duarte a vida, traxectoria e morte duns dos lobos máis destacado do grupo que foi reintroducido no parque nacional de Yellowstone, nos Estados Unidos. E Duarte ten moito que dicir sobre os estudantes de xornalismo.

Proportion
Malva&Duarte18 Marzo, 2026

Emerald Fennell, inimiga do podcast

Neste episodio Malva e Duarte falan sobre cousas que odian, en particular, unha das grandes inimigas do podcast: a directora de cine inglesa Emerald Fennell, culpable de crimes contra a humanidade tales coma Saltburn ou Wuthering Heights.

Proportion
Malva&Duarte9 Marzo, 2026

O ithkuil, a lingua ‘perfecta’

Esta semana Malva e Duarte tráennos a historia de John Quijada, un home estadounidense que, disposto a corrixir os erros das linguas modernas, crea o ithkuil, sen saber as escuras consecuencias que isto implicaría. A maior de todas elas? O mal rato que pasa Malva escoitando a súa historia.

Proportion
Malva&Duarte23 Febreiro, 2026

O yaoi, o omegaverso e os Bridgerton

As tanxentes de Malva e Duarte son como caixas sorpresa: non sabes que van conter ata que decides abrilas. E pensamos que, acompañados de novo neste episodio por Sara Riveiro, elevaron esta semana o concepto á enésima potencia.

Proportion
Malva&Duarte18 Febreiro, 2026

Sara Riveiro fala de L. Ron Hubbart

Esta semana volve, como prometera, unha das mellores amigas do podcast, para falarnos dunha das súas grandes obsesións: o gran vilán da historia L. Ron Hubbart. Se non sabes quen é espera a que cho conte ela. E se sabes xa quen é únete ao episodio mellor explicado da nosa historia.

Proportion
Malva&Duarte3 Febreiro, 2026

Malva e Duarte recomendan cousas

Neste episodio, Malva e Duarte recomendan cousas: vídeos de youtube, álbumes, pelis e máis. Podedes ver o listado completo das recomendacións mencionadas no episodio aquí.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail