Autor: Cultura a todas Luzes

Proportion
Cultura a todas Luzes13 Decembro, 2022

CTL 8: Xiana Pérez e Jorge Coira

Visítannos a deseñadora e cociñeira Xiana, autora de As receitas de Xiana, e o director Jorge Coira, que prepara nova película a estrear nos próximos meses. Charlamos destas cousas e máis. Poñede a orella para descubrilo!

Proportion
Cultura a todas Luzes30 Novembro, 2022

CTL 7: María Solar e Manu «Caamagno»

María Solar presenta «A culpa», recente Premio Xerais 2022. Manu chega como representante de Familia Caamagno, un grupo de colegas e á vez banda xa consagrada na música galega que trae «O mundo está derrotado».

Proportion
Cultura a todas Luzes15 Novembro, 2022

CTL 6: Nastasia Zürcher e Iván Prieto.

Nastasia Zürcher presenta «But Life Is Beauty Full» e viaxamos con ela por fragmentos do seu disco. Iván Prieto fálanos do seu traballo. Como é a vida dun escultor?

Proportion
Cultura a todas Luzes1 Novembro, 2022

CTL 5: Iván Davila e Brais Iriarte (Compañía NegroLópez)

Invadimos o Auditorio Municipal de Vigo. Levamos as armas perigosas de gravar e fixemos que os protagonistas de Backstage, unha comedia clown para toda a familia, nos deixasen algo do seu tempo para poder falar do espectáculo.

Proportion
Cultura a todas Luzes18 Outubro, 2022

CTL 4: Rosalía Fernández Rial e Lucía Carballeda Suárez

O programa aterriza nunha galería de arte, Dupla, recén estreada en Santiago de Compostela. A súa directora, Lucía C. Suárez, experta en arte contemporánea sitúanos o inicio desta aventura con dous artistas que coñece ben: Lara Pintos (pintora) e Iván Prieto (escultor).

Proportion
Cultura a todas Luzes4 Outubro, 2022

CTL 3: Manuel Cortés e David Lojo

Este martes chegamos cun dos membros de Chévere, desta vez presentando «Recortes, caneos e outras formas de driblar». David Lojo, trompetista de jazz, tráenos o seu disco «Road To Balance».

Proportion
Cultura a todas Luzes20 Setembro, 2022

CTL 2: Uxía e Carlos Callón

Temos con nós a dous referentes da galeguidade. Uxía preséntanos o seu novo disco, «De tu casa a la mía», unha ponte que estableceu con Javier Ruibal para conectar a Rosalía con Lorca. Carlos fálanos do seu «O libro negro da lingua galega».

Proportion
Cultura a todas Luzes6 Setembro, 2022

CTL 1: Homenaxe a Vidal Bolaño con Roi Vidal e Nuria Araúxo

Chega o primeiro programa regular de Cultura a todas Luzes. Con cabeceira nova e figura á que lembrar: Roberto Vidal Bolaño. Vinte anos fan xa esta semana do seu pasamento.

Proportion
Cultura a todas Luzes25 Xullo, 2022

VERMIT 11: Izaskun Fernández (El Patio) & Jokin Oregi (Marie de Jongh)

Último programa na MIT. Izaskun tráennos con Conservando memoria a historia dos catro avós da actriz. Jokin e a súa compañía tráennos un espectáculo sen texto co que investigan o querer coa nosa xente cercana.

Proportion
Cultura a todas Luzes24 Xullo, 2022

VERMIT 10: Pedras de cartón & Inversa Teatro

Juan Rodríguez e Pablo Sánchez traen a Ribadavia o seu espectáculo Quixote, que fixeron na Alameda do pobo. Por outra banda, temos con nós a Marta Pérez e Carlos Álvarez-Ossorio, autora (e actriz) e director do espectáculo O péndulo.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail